150 persoas asistiron á charla da plataforma no Salón do CIT de San Cibrao que se celebrou onte ás 19:00 horas. Este novo cheo da Plataforma ven a demostrar o interese que esperta a nosa actividade entre a cidadanía e a preocupación da xente fronte aos cambios de contadores e os continuos abusos nas facturacións eléctricas.
Desde a plataforma queremos agradecer a todos os asistentes a súa presenza e en especial aos membros de CIT de San Cibrao o habernos cedido o seu salón para a charla, xa que a pesar de solicitar ao Concello de Cervo a cesión da Casa da Cultura con cinco días da antelación no momento da mesma aínda non contestaran. A pesar diso agradecemos ao Concello as xestións realizadas e a asistencia do edil de deportes.
Por outra parte, desde a Plataforma queremos denuncia que segue nos atropelos por parte das subcontratas de Begasa encargadas da sustitución dos contadores e que se seguen vulnerando os dereitos dos usuarios, xa que se manipulan ditos equipos se na autorización do titular, requisito indispensable para iso e que está regulado por Real Decreto. Non so se vulneran os dereitos do usuario desta forma senón que cando o usuario se nega ó cambio se lle fai caso omiso e se lle sustitúe o equipo igualmente.
Onte en Cervo sustituise un equipo de medida a pesar de que o titular insalara unha pegatina no mesmo no que non autorizaba o seu cambio. A plataforma denuncia novamente estes feitos e avisa de que a tensión vai en aumento e que se as autoridades competentes non fan nada por defender os dereitos dos usuarios chegará un momento no que algún usuario se toma a xustiza pola súa man. Non se van a consentir eternamente estes abusos e as malas formas dalgúns operarios desta subcontrata que amezan e chegan incluso a falta ao respecto a usuarios que, unicamente, están facendo uso dos seus dereitos. É obrigación do usuario segundo o artigo 12 do Real Decreto 1110/2007 que o seu equipo cumpra coa normativa existente polo que debe ter acceso á documentación dos contadores.
Recordamos desde a plataforma que se solicitou en numerosas ocasións a autorización de uso de ditos equipos por parte da Xunta de Galicia, sen que ata o día de hoxe, se teña noticia da mesma pese a que foi solicitada xa en BEGASA no mes de novembro e na Consellería de Industria en xaneiro. Vaise solicitar agora a documentación á Comisión Nacional da Enerxía e ao valedor do Pobo.