Os días 3 e 7 de de maio en horario de 16:00 a 21:00 impartirase o curso “Educación emocional, dereito e inclusión social” na Aula Universitaria de Viveiro. O programa vai dirixido a alumnos/as universitarios da Uned ou de outras universidades e ó público en xeral que teña sensibilidade polos temas educativos e sociais ou que pretenda adicarse o ámbito socio-educativo. No mesmo mes, os días 10 en horario de 16:00 a 21.00 e o 11 en horario de 9:00 a 14:00 celebrarase o curso “Asesoramento laboral”. Este actividade resulta de especial interese para estudantes, traballadores por conta allea, autónomos e empresarios, así como para aquelas persoas que se adican ou pretendan adicarse o asesoramento laboral de empresa. Mais información na secretaría da Uned (Claustros de San Francisco) ou no teléfono 982 56 36 01. Por internet entrando en www.extensionuned.es.






















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



