Lugo, 23 de abril de 2013. Esther López, responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego En Lugo, manifestou o seu apoio e informou que o BNG vai saír á rúa xunto á CIG para apoiar a convocatoria de acto público e manifestación que a CIG vai levar na Praza Maior, ás 11:30 horas e 13:00 horas respectivamente, para denunciar a situación crítica na que as reformas neoliberais en materia laboral que está a executar o PP situou á clase traballadora galega, que é quen está a padecer directamente os efectos da crise.
Tal e como explicou Esther López, “as políticas do PP fan que Lugo ande nos seus máximos históricos de desemprego con 29.379 parados, 1.591 máis que a estas alturas do ano pasado, o que son 1.591 razóns explícitas para protestar pola nefasta política do PP que nos está conducindo a esta dramática situación. As mulleres están a padecer como nunca o drama do paro e, con 14.076 desempregadas, están a piques de acadar a cifra de desemprego masculino, que está nos 15.303 desempregados. A Xunta de Galiza e o Goberno do Estado estannos a condenar cada día a unhas cotas máis altas de desemprego no noso país e Lugo non é allea a isto: destrución dos nosos sectores produtivos como o desmantelamento do agro e o sector leiteiro cunha total pasividade por parte da Xunta ante proxectos vitais como Alimentos Lácteos. Para o BNG é imprescindible o apoio aos nosos sectores produtivos mentres que para o PP a prioridade é beneficiar ás grandes empresas, á banca e ao capital”.
“O BNG sairá á rúa na defensa das clases traballadoras porque para o BNG sempre foi unha prioridade que as clases populares mantivesen un poder adquisitivo que lles permitise levar unha vida digna baseada nun estado de benestar, algo que o PP se está encargando de destruír desde os gobernos da Xunta e do Estado logrando, nada máis e nada menos, que a capacidade adquisitiva dos galegos e galegas caese un 30% desde 2009 como consecuencia dos recortes dos salarios propiciados polas continuas reformas laborais e a suba dos impostos, ademais doutras medidas como o repagamento farmacéutico, libros de texto, suba das taxas universitarias ou o repagamento dos comedores escolares que o vindeiro curso terán que afrontar as familias galegas” – afirmou Esther López.















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



