A Mariña, 26 de abril de 2013. Membros do Bloque Nacionalista Galego, encabezados pola deputada no Parlamento Europeo, Ana Miranda, o deputado no Parlamento de Galiza, Cosme Pombo, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e a responsábel comarcal, Ana Ermida, mantiveron unha xuntanza con representantes do sector agrogandeiro para analizar as consecuencias que, en pouco tempo, terá a Política Agraria Común (PAC) para as explotacións da comarca da Mariña.
Segundo explicou Miranda a PAC establecerá as regras do xogo do sector para o período 2014-2020 en temas tan relevantes como as axudas agrarias, o sistema de cotas leiteiras ou a incorporación de xente nova ao agro. O sector do leite será un dos máis afectados en canto deberá enfrontarse a unha situación nova que será clave para o seu futuro como é a desaparición das cotas en marzo de 2015, o que implicará a liberalización total do mercado europeo. Coa implantación desta normativa poderá chegar leite ao país de calquera estado membro da Unión o que abaratará aínda máis os prezos do leite que pagan as industrias. Esta medida sitúa a centos de explotacións da Mariña nunha situación complicada e que pode conducilas á súa desaparición, xa que moitas delas sofren un alto endebedamento por ter pedido créditos para comprar cota que xa non terá ningún valor en pouco tempo.
Para que esta situación sexa o menos dramática posíbel e que non se traduza na perda de centos de postos de traballo, o Bloque Nacionalista Galego propón crear un fondo lácteo galego pactado cos representantes do sector para facilitar a transición dun sistema de cotas a un sistema libre.
Xuntanza co sector pesqueiro
Esta delegación do BNG, á que se sumou Bieito Lobeira, responsábel nacional da organización, reuniuse, tamén, con representantes do sector pesqueiro, outro dos sectores clave na economía da comarca da Mariña e do resto de Galiza e que, ao igual que o sector agrogandeiro, está a padecer unha situación que os nacionalistas tachan de “dramática e pintoresca debido á dependencia das cotas que determina Europa e que supoñen unha esmola para a flota galega ao non ser acordes coa dispoñibilidade real de recursos”.
Nesta liña, Lobeira, sinalou que “a flota da Mariña ten prohibida a pesca de xarda cando esta é unha das especies máis abundante nas nosas costas. Estamos ante unha situación pintoresca que, con toda seguridade, nos vindeiros meses, se repetirá con outras especies como o xurelo ou a pescada. O caso da pesca é o mellor exemplo da incompatibilidade entre a política comunitaria e a capacidade produtiva de Galiza. A flota de altura, arrastre e baixura sofre constantes ataques de Europa avalados polo Partido Popular, polos gobernos galego e do Estado que actúan como cómplices do desmantelamento do sector pesqueiro, piar da nosa economía”.
Os nacionalistas alertan, tamén, do incremento de inspeccións non como instrumento de control senón como coartada para rematar co sector pesqueiro e insisten en que “a política pesqueira europea está condenando á flota galega á inviabilidade, ao amarre e ao despezamento”.
Bieito Lobeira conclúe que “Galiza non precisa esmolas porque ten capacidade produtiva suficiente para que os galegos e as galegas poidan vivir dos recursos do seu país dun xeito digno e para iso o único que se precisa é soberanía”.


















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



