Unha vintena de persoas asistiron onte á charla que pronunciou a plafaforma de afectados polos abusos do mercado eléctrico, que organizaron ACISA Ribadeo e este colectivo. Varios foron os temas abordados, pero un dos que suscitou máis preguntas foi o cambio dos contadores que se está efectuando por parte das compañías. A plataforma recomenda á cidadanía que non procedan a cambiar os seus contadores, salvo que reciban unha notificación, e que esixan a documentación do novo contador, ademáis do certificado correspondente dos datos de lecturas do aparato sustituído e do novo, xa que moitos equipos non cumpren coas esixencias que marca a lei. Sobre os continuos cortes no suministro eléctrico que sofre Ribadeo a recomendación da plataforma é denuncialos de forma masiva ante a Consellería de Industria co obxetivo de que sexan conscientes da gravidade da situación e para que tomen cartas no asunto.























Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



