Cervo, 25 de abril de 2013-O Concello de Cervo vén de entregar unhas 200 árbores a distintas asociacións do municipio co obxectivo de continuar co proxecto municipal de recuperación do bosque autóctono característico da vertente atlántica. Así, nas últimas semanas a administración local fixo entrega de árbores á Asociación de Montes Comunais Bidueiras, que utilizou as plantas para seguir reforestando o terreo do mesmo nome, onde xa teñen realizado máis accións deste tipo.
Ao mesmo tempo, nesta semana tamén se facilitaron árbores autóctonas á Asociación de Montes Comunais de Lieiro, que foron plantadas nunha área de recreo situada na mesma parroquia e que se atopaba sen vexetación. O Concello, ademais de entregar as árbores (castiñeiros, amieiros e pradairos), colaborou en ambos casos na súa plantación.
Este proxecto municipal de repoboación ten, polo tanto, dúas vertentes, a social e a medioambiental, xa que por unha banda estanse realizando plantacións en montes co obxectivo de crear unha masa forestal autóctona que permita recuperar a paisaxe tradicional, pero ao mesmo tempo tamén se levan a cabo actuacións en zonas de lecer como é o caso da área recreativa de Lieiro.
Ao mesmo tempo hai que lembrar que o Concello estivo plantando recentemente máis de 600 árbores no monte Escarabelada, de titularidade municipal, e no que en total xa se teñen sementado máis de 4.000 plantas. Esta reforestación nos terreos situados no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos vaise ampliando pouco a pouco con novas iniciativas. A última no mes de marzo, no que máis de 200 escolares plantaron árbores autóctonas para celebrar o Día Internacional dos Bosques.
Hai que lembrar que nestas novas accións algunhas das árbores destínanse a repoñer aquelas plantas que non prenderon en anteriores plantacións. Todas elas foron doadas polo Servizo Provincial de Montes dependente da Consellería do Medio Rural.
Un conxunto de actuacións que forma parte dun plan de acción global de recuperación do bosque atlántico no que proliferen as árbores autóctonas. “Desde el Concello apostamos por poner en valor de nuevo y recuperar el paisaje típico de la Mariña con aquellas especies más tradicionales en la zona, dándole mucha importancia a su aspecto social y medioambiental frente al exclusivamente económico” explica a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



