Lourenzá, 12 de abril de 2013. O concelleiro de Deportes e Xuventude, Pablo Maseda, lembrou hoxe que Lourenzá acollerá mañá, sábado, unha ruta de sendeirismo organizada pola asociación Pasada das Cabras, de Burela, coa colaboración do Concello laurentino.
Pablo Maseda explicou que nesta ruta “poden participar todos os veciños e veciñas de Lourenzá sen necesidade de inscrición, simplemente presentándose no Cantón de Lourenzá ás dez menos cuarto da mañá para coller o autobús ou tamén poden ir ata a Ponte de Saavedra, na parroquia de San Xurxo. A ruta consta dun percorrido de 19,8 quilómetros, pero vanse facer tan só 13,5 quilómetros, xa que os organizadores prefiren facela un pouco máis corta pola dificultade do primeiro tramo”.
O concelleiro de Deportes engadiu que o percorrido “empezará no que se chama a Ponte de Saavedra, no Xuncal, onde se dividen as parroquias de Santo Tomé e San Xurxo; despois acompañaremos nun bo tramo ao río Baos, pasando pola área recreativa do Pereiro e posteriormente cruzarase á parroquia de San Adriano para continuar en sentido sur norte ata o remate. Durante o percorrido iremos deixando o val de Lourenzá a nosa esquerda, toda a zona da faba de Lourenzá e tamén pasaremos por preto do pazo de Tovar e remataremos en Vilanova”.
Maseda comentou ademais que está ruta “vai servir para ofrecerlle aos nosos veciños que a coñezan e a disfruten e está aberta a cantos a queiran facer. Nesta ocasión vamos contar como padriños de viaxe coa asociación Pasada das Cabras e o Concello de Lourenzá agasallará aos participantes cun pequeno refrixerio na metade da ruta”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



