O grupo de montaña Club Deportivo “Marqués de Casariego” de Tapia organiza nova ruta: Robledo de Caldas-Caldas de Luna en Sena de Luna (León). A saída está fixada para o día 20 de abril ás 7.30 da mañá desde Tapia. Para informes e inscricións contactar nos seguintes teléfonos e ata o día 18: 689.175.515 (José Luis), 659.000.707 (Rafa) e no 608.540.828 (Eva). E como xa é habitual o prezo para socios será de 5 euros, para non socios 12 euros e para socios colaboradores de 3 euros. A ruta transcorrerá na maior parte por enriba dos 1400 metros e o guía será Luis M. Guti.
O grupo de montaña de Tapia a León
O grupo de montaña de Tapia a León
Relacionado
-
Ás cinco da tarde deste sábado saía das inmediacións do Parque de San Francisco a XI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais na que se inscribiron máis dun milleiro de corredoras e corredores.
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu á III Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, que este sábado se está a celebrar en Ribeiras de Lea (Castro de Rei)
-
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse este sábado co alcalde da Fonsagrada, Carlos López, para abordar algunhas cuestións de interese para este municipio