Lugo 12 de abril de 2013.- O Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo pregúntase que oculta o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, que de maneira reiterada está a vulnerar o dereito dos populares de acceso á información.
O Grupo Provincial do Partido Popular, co único obxecto de desenvolver as súas labores de control e fiscalización do goberno, necesita contar coa información suficiente para o exercicio das responsabilidades que lles impuxeron os lucenses. Polo que dende o Grupo denuncian que se lles denegue de forma constante o acceso á información da que teñen pleno dereito, tal e como se recolle nos artigos 18 e 19 do Regulamento Orgánico de Funcionamento (ROF) da Deputación, no que de maneira textual cita: “todos os membros da Corporación teñen dereito a obter do presidente ou da Xunta de goberno, cantos antecedentes, datos ou información obren en poder dos servizos provinciais e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función”.
A día de hoxe os dereitos dos populares vense pisados ao existir unha amplo número de solicitudes que non foron contestadas motivadamente dentro dos cinco días que impera o ROF, e que recolle que, se no devandito prazo non se produce resolución expresa, entenderase concedida por silencio administrativo.
Unha administración pouco transparente
Os populares lamentan que a calidade da vida democrática na Deputación de Lugo se degrade día a día pola falta de transparencia do presidente provincial. Neste senso, dende o GPP lembran que o Goberno de Gómez Besteiro, que ten aberto diversos procesos xudiciais, evita dar acceso á información de obras nas que o Partido Popular ve indicios de posibles irregularidades, e que está a estudar, como son ás da estrada de Marco de Álvare – As Rodrigas, en Riotorto.
Neste senso, os populares pregúntanse que motiva a Gómez Besteiro a ralentizar o acceso a esta información, convertendo á Deputación Provincial de Lugo nun goberno sen transparencia e con posibles razóns para ocultar datos.
A procura de explicacións para esquivar que o Grupo Popular exerza a súa labor de oposición conleva ao goberno provincial a remitir escritos nos que refiren a falta de concreción na solicitude ou identificando as mesmas como xenéricas. Unha circunstancia da que discrepan os populares, xa que existen nalgunhas delas tal concreción que se individualiza o documento co número de rexistro ou incluso se identifica o CIF dalgunha empresa.
Práctica antidemocrática
Os populares indican que esta é unha práctica antidemocrática coa que se vulnera a lexislación vixente que autoriza á oposición ao acceso a determinada documentación ou expediente para exercer a súa función de control político das actividades da Deputación.
O PP explica que é pretensión do seu Grupo desenvolver esta labor de xeito compatible co normal desenvolvemento dos servizos provinciais, pero tamén poñendo todos os medios para que os seus dereitos como representantes dos lucenses non se vexan vulnerados dado que a protección dos mesmos está amparada no texto constitucional, concretamente no artigo 23. Tamén lembran os populares que o artigo 542 do Código Penal Español tipifica a acción que consiste en impedir o exercicio doutros dereitos cívicos por funcionario público.
Tras verse obrigados a reiterar numerosas peticións, así como a presentar escritos nos que solicitan respecto dos seus dereitos; o GPP valora a posibilidade de poñer en coñecemento do defensor do Pobo estas negativas de acceso á documentación.
Política escurantista
Os populares aseguran que a política ‘escurantista’ só responde á intención de Besteiro de coartar o dereitos dos lucenses a estar ben informados e que só lles chegue a información que interesa ao presidente.
Dende o Grupo Popular conclúen asegurando que este tipo de prácticas di moi pouco de quen aspira a liderar á oposición en Galicia.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



