A Mariña, 15 de abril de 2013.- A Comisión de Sanidade e Política Social do Parlamento de Galicia debaterá o vindeiro mércores 17 de abril en horario de tarde a iniciativa rexistrada polo secretario da Cámara autonómica e deputado José Manuel Balseiro a través da que promove un acordo parlamentario para blindar o futuro do Hospital da Costa.
A proposición non de lei sairá adiante con toda probabilidade grazas á maioría absoluta do grupo promotor, o Partido Popular e, deste xeito, o Parlamento galego establecerá un mandato imperativo á Xunta en apoio deste centro hospitalario. “Adquirimos un compromiso cos cidadáns da Mariña lucense. E mantémolo. E levámolo ao Parlamento para que con toda seriedade adquira total oficialidade”
Segundo explicou José Manuel Balseiro, o acordo proposto consta de tres puntos. No primeiro deles, os populares solicitan á Xunta que garanta a continuidade de todos os servizos, unidades e consultas actualmente existentes no Hospital da Costa e incluso insta ao Goberno galego a desenvolver cantas xestións e esforzos sexan necesarios para incrementalos e potenciar a súa calidade asistencial.
O Grupo Popular tamén solicita que a Xunta “leve adiante de xeito inmediato as actuacións precisas para ampliar o centro co fin de adaptado á actual demanda asistencial, á mellor prestación para os pacientes e á realización do traballo dos profesionais con seguridade e calidade”. Un proceso que xa deu inicio logo do aval do Consello da Xunta e da publicación no Diario Oficial de Galicia da licitación do seu plan director.
A iniciativa tamén reclama, finalmente, o mantemento das tres áreas sanitarias que na actualidade ten a provincia lucense, isto é, a da Mariña (coñecida como Cervo-Burela), a de Monforte e a do Centro. Isto é un mandato para que o mapa sanitario non sufra modificacións.
MANTER OS SERVIZOS E MELLORAR AS INSTALACIÓNS
Balseiro espera contar co voto favorable de todas as forzas políticas da oposición e insistiu en que co apoio ou non a esta iniciativa poderá demostrarse a quen de verdade lle preocupa a sanidade da Mariña e non outros intereses distintos como é tensionar a sociedade con enganos. “Si realmente PSOE, BNG e AGE están preocupados por manter os servizos e mellorar as instalacións non terán ningún problema en votar a favor da nosa iniciativa porque é xusto o que estamos a pedir no Parlamento de Galicia”-dixo Balseiro.
O parlamentario mariñán dixo finalmente que os mariñáns poden confiar no PP e insistiu en que o paso do tempo demostrará que están a dicir a verdade e que son todos eles, os cargos públicos e militantes populares, os primeiros interesados en defender a continuidade do hospital e todos os servizos sanitarios públicos nesta comarca. “Algúns levan anos dicindo que pecharía o Hospital e a realidade é moi diferente. Nos últimos tres anos non hai un só servizo que se houbera perdido no hospital da Costa e ese seguirá a ser o noso compromiso e o que defenderemos no Parlamento de Galicia e na nosa acción de goberno na Xunta”- concluíu.


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



