O Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta, como novidade na súa programación para esta primavera, o I Video-forum Rachando moldes. Mulleres que fixeron historia, unha cita que pretende achegar mediante o cinema á cidadanía mariñá a historia de diversas mulleres que rachando os moldes da época, rachando coas normas impostas polo patriarcado, foron quen de facerse un oco na historia. Historias de mulleres e mulleres que fixeron historia.
O I Video-forum Rachando moldes. Mulleres que fixeron historia, nace após do éxito dunha das actividades máis asentadas do Observatorio, o video-forum Mulleres no Mundo que ten lugar en outono, desde fai catro anos, na vila de Foz. Rachando moldes. Mulleres que fixeron historia, terá o mesmo formato mais nesta cita primaveral o obxectivo é crear referentes, recuperar nomes de mulleres, pois aínda no S.XXI a historia séguese a transmitirse sesgada, baixo a óptica da mirada masculina, e sen ter en conta as aportacións da outra metade da poboación, as mulleres.
A primeira edición do video-forum Rachando moldes. Mulleres que fixeron historia, que comezará ás 20.00h o próximo xoves 11 de abril na Casa da Cultura de Burela e se prolongará durante catro xoves consecutivos, conta cunha carteleira de películas moi diversas e heteroxéneas que dará a posibilidade de coñecer a mulleres que fixeron historia en diferentes ámbitos como as ciencias, a literatura, a política ou a arte. As películas que se proxectarán serán:
• Xoves 11 de abril: Madame Curie, de Mervyn LeRoy.
• Xoves 18 de abril: Las horas, de Stephen Daldry.
• Xoves 25 de abril: Clara Campoamor, la mujer olvidada, de Laura Mañá.
• Xoves 2 de maio: La pasión de Camille Claudel, de Bruno Nuytten.
Ao igual que no video-forum Mulleres no Mundo, neste novo video-forum do Observatorio a entrada é gratuíta. As sesións estarán guiadas por socias do Observatorio e repartiranse uns pequenos dossieres con información sobre a película a visionar. Antes do comezo da película farase unha pequena contextualización do filme para a continuación realizar o visionado. Ao remate da proxección da película haberá un pequeño debate e reflexión posterior sobre diferentes aspectos abordados no filme, seguindo sempre unha metodoloxía participativa e aberta na que a monitora sexa a condutora das reflexións do grupo. Asimesmo, repartiranse cafés e pastas gratuitamente ás persoas que o desexen.
Este I Video-forum Rachando moldes. Mulleres que fixeron historia, organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, conta coa colaboración da delegación de Muller e Igualdade do Concello de Burela, de RadioBurela e de Crónica3.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



