O pasado venres tiña lugar no Cine-Teatro de Ribadeo un acto organizado polo Concello e a Delegación de Consumo e que, segundo rezaba o cartel anunciador, consistía nunha charla-coloquio sobre as participacións preferentes.
Desde o grupo municipal do Partido Popular consideramos que este é un gravísimo problema ao que se ten que enfrontar un grande número de veciños do noso concello que, ademais, na maioría dos casos, descoñecía o grave risco no que estaba a incorrer para os seus aforros cando contratou este tipo de produtos tóxicos. En sinal de solidariedade cos afectados (que xa temos amosado noutras ocasións co noso apoio a iniciativas da Plataforma de afectados polas preferentes da Mariña) e tamén porque entre as familias de concelleiros e ex-concelleiros do PP de Ribadeo tamén existen casos (aínda que tentáramos levalos na intimidade e non publicitalos nos medios de comunicación), acudimos a esta cita informativa.
Desde o escenario do Cine-Teatro, o Alcalde de Ribadeo e o Concelleiro de Consumo preséntannos ao seu invitado, Xulio Vicente, como afectado e dirixente dunha plataforma de afectados da zona do Rosal. A pregunta que nos facíamos era evidente: se existe unha plataforma de afectados na Mariña, ¿por que se elixe traer para informarnos aos ribadenses a este Sr. desde o sur de Pontevedra? Non tardamos en ver con claridade a lamentable resposta a esta cuestión. O sr. Xulio Vicente comezou a súa intervención facendo ao auditorio dúas aclaracións: que probablemente o seu discurso resultara crispado pero isto era debido a que “tiña a sangre moi quente” e que ía falar de política porque esta era unha “cuestión política”. Con estas premisas, o que veu de seguido foi un absoluto mitin político salpicado de falacias, inxurias a Rajoy, a Feijóo e ao PP, con inconsistencias do tenor de que as preferentes comezaron a comercializarse no 2.003 polo que os responsables últimos a nivel do estado son Zapatero e Rajoy e, a nivel galego, o sr. Feijóo (e o bipartito que gobernou Galicia entre os anos 2.005 e 2.009 nin existiu, polo menos no discurso deste señor) e vertéronse acusacións da gravidade de que a arbitraxe atende con prioridade aos afectados do PP (cando desde a platea éramos varios cargos e ex-cargos do PP con familiares directos que, como corresponde, esperan a súa quenda para que o seu caso sexa atendido). Todo o anterior adornado con perlas incendiarias como que foi ao Congreso onde interromperon a sesión pero “tiña que ter ido con unha pistola” ou que el non se ía suicidar, “que antes levaría a catro por diante”. A situación déixanos perplexos, pero o máis indignante chega no capítulo da “solución” que este “ilustre” relator nos trae a Ribadeo e que pasa exclusivamente pola mobilización social, non se fala de en qué consiste a arbitraxe que xa devolveu o 100% dos seus aforros a 15000 familias en Galicia nin de cómo acollerse a ela, senón dunha revolución do pobo contra o Partido Popular. O sr. Vicente recoñece sen pudor que el ven explicar á Mariña a estratexia que están a levar a cabo no sur de Pontevedra e que é a única que funciona: “rebentar” os plenos nos concellos onde goberna o PP e, onde goberna o BNG, levar este acoso ós domicilios dos concelleiros do PP.
A situación foi a que acabamos de relatar por incrible que poida parecer. O feito de que dous cargos políticos do BNG (Fernando Suárez e Horacio Cupeiro) promovan este “esperpento” e organicen un acto para culpabilizar ao PP dun problema social da magnitude das preferentes e promover a violencia como solución resulta definitivamente inmoral; pero que esta pantomima política sexa organizada, financiada e promocionada polo Concello de Ribadeo é indecente; que se utilice desde o equipo de goberno do BNG o sufrimento das nosas familias para xerar inquina contra o Partido Popular e os seus dirixentes é vergoñento e que o Alcalde e o Concelleiro de Consumo aplaudan desde un escenario a un señor que aconsella aos afectados “rebentar” plenos e acosar a concelleiros do PP nas súas casas é inaudito.
Desde a absoluta indignación que nos produce o acontecido, lamentamos profundamente ter que vivir situacións deste tipo no exercicio da nosa modesta tarefa de exercer como concelleiros (encomendada democraticamente polos veciños). Este acto foi un sinal máis de que os nacionalistas están perdendo a súa pel de cordeiro e amosando a súa verdadeira faciana, pero utilizar a dor das familias e o medo dos aforradores como arma arroxadiza contra o PP e promover o, desgraciadamente tan de moda, “escrache” ou acoso aos concelleiros desde o propio concello sobrepasa a liña da ética política.
Para rematar, desexamos manifestarlle a nosa sincera solidariedade aos afectados polas preferentes e poñernos á súa disposición (como fixemos sempre) para canto puidera estar na nosa man facer para axudarlles a recuperar os seus aforros.
Grupo municipal do PP de Ribadeo



















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



