O PP de Viveiro afirma que “desde que Melchor Roel chegou á alcaldía non hai mes, nin semana, nin día que non apareza algunha notificación ou reclamación de carácter judicial. Só con ler as actas das Xuntas de Goberno Local ou as entradas do Rexistro, apreciamos os numerosos asuntos que asolan á entidade local, cuns custes económicos que superan todas as previsións imaginables”.
“Para darnos unha idea – segundo explica César Aja- isto repítese todos os meses”. Así, “Só entre os días 21 e 30 de xaneiro de 2013 entraron no Rexistro Municipal nove contenciosos, dous casos do xulgado do social, un embargo e dous asuntos do xulgado de instancia nº1, ademais de 5 reclamacións económicas – entre elas a de Sogaza por un importe de 452.774,26 euros-“.
“O PP de Viveiro ven denunciando e advirtindo; aínda que con pouco éxito, a gran sangría económica que a actitude do goberno socialista e do alcalde causan á entidade local. Asuntos que pola súa propia natureza debían ter unha solución meramente administrativa – pois son reclamacións que están perfectamente regladas- son negadas polo goberno local obrigando aos administrados a recorrer á vía xudicial cos conseguintes custes económicos, de tempo e incluso sociais, laborais e empresariais. As,í temos empregados municipais que teñen que reclamar xudicialmente cantidades que o propio alcalde acordou con eles, empresas como Sogama á que non se lle paga, a pesar de que os cidadáns pagamos relixiosamente este servizo, promotoras ás que non se lles concedeu a licenza solicitada e non se lles devolve o seu diñeiro, etc.”.
“Os cidadáns preguntaranse onde van eses cartos que tiñan unha finalidade clara e que desviaron a outras actividades, en qué se gastaron, por qué se desviaron eses fondos. A respuesta de Melchor Roel vai ser a de sempre: que o PP intenta embarrar a vida local en lugar de ilustrarnos a todos os veciños de Viveiro sobre cantos litixios ten vivos na actualidade o Concello, canto se leva gastado en abogados, procuradores, costas xudiciais e intereses desde a súa chegada á alcaldía. Iso sería moito máis didáctico que os improperios e insultos aos que nos ten acostumados”, apuntan dende o PP.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



