• Das conclusións acadas cos expertos, os populares farán un plantexamento na mesa para o desenvolvemento económico da zona que se celebrará o vindeiro sete de maio
• Os populares transmitirán a necesidade de reforzar a oficina de turismo, o uso das novas tecnoloxías (web oficial) e o consenso entre a administración local e o sector privado e as institucións relixiosas dun horario operativo e eficaz para o visitante
• Así, a pretensión dos populares pasa por lograr o acercamento entre a administración pública e os emprendedores para, en común, asentar as bases para o fomento do turismo local
Mondoñedo, 29 de abril de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo, a través da súa voceira local, Elena Candia, quere amosar a súa satisfacción polo resultado acadado na mesa de traballado celebrada esta fin de semana na Casa da Xuventude local, que tivo por obxectivo estudar, a través de espertos turísticos, as liñas estratéxicas para o desenvolvemento do sector no municipio.
Esta mesa naceu cun fin que foi o de estraer as conclusións benefactoras para a reactivación local, que “plantexaremos na mesa para o desenvolvemento económico na que participará a Consellería de Industria e que se celebrará o vindeiro 7 de maio, ás 10:00 horas”.
Neste senso os populares transmitirán tres ideas principais que permitirán aproveitar o potencial turístico que ofrece a localidade. A primeira delas, é a necesidade urxente de que a administración local reforce a oficina de turismo de Mondoñedo, así os populares solicítanlle ao equipo de goberno local que realice as xestións necesarias para acadar este fin.
Do foro de debate, tamén se fixo fincapé sobre a necesidade de aproveitar os recursos que non supoñen unha forte inversión económica para dar a coñecer a localidade. Deste xeito, o grupo popular instará á administración local a que aproveite o uso das novas tecnoloxías e cree un portal web. Para elo, os populares refiren a utilización que o concello pode facer do programa Innovate, ofertado pola Deputación de Lugo.
Por último, os populares instarán a administración local a que coordine un horario operativo e eficaz con todas as entidades implicadas no turismo local, como son os empresarios privados e as institucións relixiosas, xestoras de gran parte do patrimonio cultural, como é a Catedral e o Museo.
En resumo, a pretensión dos populares pasa por lograr o acercamento entre a administración pública e o emprendedores para en común asentar as bases para o fomento do turismo local. O PP local ten coñecemento de que existen tres proxectos vinculados co sector turístico en Mondoñedo, así “queremos que os axentes dinamizadores e as entidades da administración con capacidade para elo, ofrezan os seus coñecementos e a súa dispoñibilidade”.