O PSdeG de Lugo, a través do seu secretario de Sostenibilidade Ambiental na provincia, Eduardo Vidal, solicítalle á Xunta “un programa permanente de loita contra o lume, converténdoo nunha loita de país”, coincidindo coa celebración hoxe do Día Mundial da Terra e co comezo do período de risco de incendios. “Avecíñase o período de lunes forestais e Galicia ten un millón de hectáreas en situación de abandono total”, afirma Vidal, quen destaca que “o monte galego ocupa o 67% do territorio e a metade da madeira española prodúcese en Galicia, polo que falamos dun tema que debe ser prioritario”.
Para logralo, o socialista propón medidas para “avanzar na ordenación do territorio e do espazo natural galego, na procura dunha estrutura territorial resistente ao lume”. Para iso, afirma, é necesario “reforzar a presenza de espazos agrogandeiros no monte, que rompan a continuidade do potencial combustible forestal, implicando a empresas con concesións no territorio (autoestradas, eólicas, eléctricas…) na tarefa de contribuír activamente no mantemento preventivo das infraestruturas e superficies sobre as que teñen as competencias e responsabilidades de xestión”.
Convenios coas cooperativas agrícolas e voluntarios
Eduardo Vidal destaca tamén a importancia de buscar solución como “asinar convenios coas cooperativas agrícolas que mostren interese en realizar traballos preventivos e que conten con dotación axeitada,material e humana para iso”. O responsable da mesa sectorial de Medio Ambiente na provincia tamén achega outras ideas como “promover acordos de cooperación coas agrupacións de voluntarios de protección civil de cara a identificar as zonas de especial risco de incendio nos distintos concellos de Galicia”, ademais de “estimular a concienciación, a disuasión, a transparencia informativa e o planeamento preventivo fronte aos incendios forestais, e incentivar e propoñer a mellora en materia de ordenación e xestión forestal sostible”. Todas estas ideas serán achegadas polos socialistas ao debate político con iniciativas nas institucións.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



