Despois das xustificacións dadas polo Sr Barcia con respecto á nota de prensa remitida dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela referida ó Plan de Axuste que, como ben di o Sr Barcia só aprobou o Partido Popular, sen consensuar con ninguén, non nos queda máis remedio que facer unhas pequenas aclaracións.
O Sr Barcia acúsanos de ter “pouca capacidade comprensiva”, pero á vista da aclaración feita polo Sr Barcia, está claro que esa falta de capacidade comprensiva, ou algo peor, a ten o Sr Barcia. O Sr Barcia segue intentando confundir ós veciños e veciñas de Burela con mentiras e ocultando a realidade do Concello.
Na nota de prensa do PSdG-PSOE preguntábamos por cousas moi concretas, e o Sr Barcia aparte de recoñecer na súa contestación que está a dar axudas opacas ás asociacións, non sabemos a cales nin a cantidade desas axudas, cousa pola que pediremos documentación para asegurarnos de que non se discrimina a unhas asociacións con respecto a outras, tendo en conta que non fai moito as asociacións reuníronse con nós e todas criticaron a falla de axudas dende o Concello. E que o seu plan era o de eliminar ás coidadoras dos colexios como el mesmo recoñece nos medios, non vaia agora a venderlles o favor xa que el mesmo foi o que as meteu no Plan de Axuste e puxo a este persoal ós pes dos cabalos, a realidade é que o Sr Barcia non pode eliminar este servizo, primeiro porque é un servizo moi necesario, segundo porque lle sairía moi caro ó Concello xa que lle teñen gañado xa varios xuízos a este respecto porque xa intentou quitalas do medio e terceiro porque se aproveita para ir colocando á algunha persoa afín á causa do Partido Popular.
Pero falta de contestar porque se emiten facturas superiores a 3.000 euros saltándose a normativa, porque e a quen se lles están a pagar facturas que superan os 18.000 euros sen sacar estes servizos a concurso público como manda a normativa, porque non se segue unha orde estrita para tramitación e aprobación de facturas, porque se incumpren a lei de subvencións de Galicia. Estas preguntas deben de ter contestación por parte do Sr Barcia. O informe de Intervención é tallante nestes asuntos.
O Sr Barcia está máis preocupado das farolas, por certo que lle saíron a custe cero ó Concello, pois temos que dicirlle que ten que preocuparse de poñer luz nesas farolas, xa sabemos que ó Sr Barcia lle sobran todas as farolas do pobo e pretende deixarnos a escuras, ¡vaia maneira de xestionar!, pero como xa advertimos algunha vez algún día pode pasar unha desgraza, ogallá que non, pola falla de visibilidade e entón o Sr Barcia terá que dar máis de unha explicación.
É normal que o Sr Barcia se vanglorie de hipotecar a Burela por dez anos có crédito que solicitou como se fose un regalo, pero temos que recordarlle ó Sr Barcia que o crédito hai que devolvelo, e que diga que subiron os ingresos tampouco nos colle de sorpresa, despois do “sablazo” que lle meteu ós veciños e veciñas de Burela coa brutal subida de impostos que aplicou. Pola maneira de falar do Sr Barcia parece que teña unha máquina de facer cartos no Concello, recordarlle que o aforro está a facelo á conta dos petos dos veciños e veciñas de Burela, ¿ou de onde saca os cartos si non da conseguido unha soa inversión no pobo?.
A día de hoxe as únicas obras feitas en Burela polos representantes do Partido Popular de Burela no Concello foron os máis de un millón de euros que o anterior equipo de goberno deixou xestionado coa Deputación Provincial, aparte disto a inversión en Burela por parte desta tropa foi cero, ten que ser moi frustrante para o Sr Barcia ter que recoñecer isto, pero é a realidade do noso pobo.
Algún día recordarémoslle ó Sr Barcia as facturas que deixou o Partido Popular cando entrou o noso compañeiro Alfredo Llano na alcaldía de Burela, por certo, a ver si o Sr Barcia é capaz de conseguir ás inversión que Alfredo Llano e o seu equipo de goberno conseguiu no seu mandato. A realidade é dura para o Sr Barcia e as comparacións déixano quedar á altura do betún, tanto na maneira de ser como persoa como na capacidade de xestión.
Comisión Executiva PSOE Burela




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



