O Viveiro logrou pechar a tempada regular cunha vitoria moi traballada diante dun rival que de gañar adiantaríao na taboa clasificatoria e que ademaís supuxo que o Viveiro lograra un balance positivo en canto a diferencia de goles, cousa que parecía doada antes da goleada encaixada diante do Xermade na anterior xornada.
O encontro comezou cun Viveiro que quería borrar a mala imaxe ofrecida diante do Xermade que hoxe si que voltaba a ser o de sempre, cunha presión a todo a cancha da que o equipo rival non sabía sair e con movilidade en todas as xogadoras, que facilitaba a circulación do balón e que as xogadoras vivairenses chegaran con facilidade diante da meta defendida por Olga, que durante a primeira metade foi a artífice de que o Outeiro non fora goleado.
O Viveiro aproveitou dous roubos de balón na liña de elaboración do rival para adiantarse no marcador e dar a sensación de que podería gañar o partido con relativa facilidade.
Pero nos últimos minutos a relaxación local fixo que o Outeiro acadara un gol, aproveitando un erro na salida do balón das xogadoras locais, e unha gran intervención de Diandra evitou no úlitmo momento que se chegara ao tempo de lecer cun empate.
Ao inicio da segunda metade volveron a aparecer todos os pantasmas do partido de Xermade e nada mais reiniciarse o o encontro un mal despexe da defensa local e rexeitado por unha xogadora do Outeiro para colocar o empate no marcador.
O empate sacou do partido as xogadoras locais, que non eran capaces de combinar e sair da presión do Outeiro, e que en defensa eran facilmente rebasadas polas xogadoras visitantes.
O partido entrou nun momento de desconcerto total das locais, e só as intervencións de Diandra evitaron que o Viveiro encaixase unha goleada nos primeiros quince minutos da reanudación.
Pasado este momento de desconcerto, nos últimos dez minutos de encontro o Viveiro voltou a coller o mando do partido ante o baixón físico dun rival que so tiña unha rotación, e a falla de dous minutos para o final Xiana subía o 3 a 2 ao marcador, resultado que xa sería definitivo.
O Viveiro FSF non participará na Copa da Liga, polo que a partires de agora buscará xogar unha serie de partidos amistosos, que servirán para ir prearando a próxima tempada e ver as evolucións de algúnha das xogadoras que están adestrando co equipo e que non dispuxeron de ficha durante esta tempada, así como dalgunha das xogadoras cadetes, que de cara ao próximo ano terán que ir entrando nas rotacións do primeiro equipo.
Viveiro: Diandra, Rocio, Nerea, Xiana, María Balsa. Tamén xogaron: Andrea, Raquel, Goretti e Conchi.
Outeiro: Olga, Sheila, Bea, Rocio, Roser. Tamén xogou: Patricia.
Goles: Xiana (3), polo Viveiro. Rocio e Roser, polo Outeiro.