Antonio Veiga participou na presentación deste encontro que se organiza ao abeiro do programa LugoCultural, no que colaboran a Área de Cultura da Deputación, a USC e o Concello de Lugo
O Mihl acubillará as coreografías de cinco das formacións convidadas, mentres que os compoñentes de ‘Fíos Roxos’ presentarán a súa proposta na Praza de San Marcos
Lugo, 2 de abril de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, o vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón; a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre e o director do Espazo de Danza da USC, Juan Carlos Zahera, presentaron na vicerreitoría de Lugo esta nova edición do Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC, un certame que contará con participación internacional e que convertirá por uns días Lugo na capital da danza.
O Encontro Universitario de Danza Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, que este ano chega á súa décima primeira edición, congregará os vindeiros días 17 e 18 de abril na capital luguesa a seis compañías artísticas dependentes ou vinculadas ás universidades Autónoma de Barcelona e Beira Interior, de Portugal, ademais das formacións propias da USC creadas ao abeiro do Espazo de Danza nos campus de Santiago e de Lugo e outras dúas compañías independentes: Zur 2 Danza e Fíos roxos, nacidas tamén ao abeiro da USC.
A compañía de danza USC Compostela, dirixida por Juan Carlos Zahera, abrirá o día 17, a partir das 20.30 horas, na sala de exposicións temporais do Museo Interactivo da Historia de Lugo (Mihl) este nova edición do Encontro de Danza Contemporánea da USC, onde presentará a coreografía ‘Comunicando’. Ao formación portuguesa TeatrUBI, dirixida por Rui Peres, representará de seguido no mesmo escenario a montaxe ‘Parecía que danzabamos. Ti vestido de príncipe e eu núa’.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



