Foz, 15 de abril de 2013. O ente público Portos de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, adxudicou en cerca de 284.000 euros o dragado da canle de acceso ao porto de Foz á empresa mariñana Marcor Xove SL. Anunciouno hoxe o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, quen explicou que o prazo de execución é de dous meses e que a obra farase durante esta primavera.
O rexedor municipal manifestou esta tarde que é unha “moi boa noticia para o concello de Foz, porque o compromiso de Portos de Galicia co noso municipio é adxudicar obras e neste caso trátase do tan esperado dragado. Cerca de 284.000 euros de inversión que foi adxudicada a unha empresa da Mariña, Marcor Xove S.L., e estamos contentos porque nesta primavera se fará o dragado, durante 2 meses de duración aproximadamente e esperemos que no verán estea xa rematada”.
“A todos aqueles que falaron sempre negativamente dos compromisos da Xunta de Galicia con Foz aí está unha das obras maiores que adxudica Portos de Galicia neste ano de crise”, manifestou Castiñeira, quen tamén lembrou que “en 16 anos o anterior goberno municipal non foi capaz de dragar nin un só gramo de area da ría de Foz e agora xa van ser dous: un de forma urxente hai ano e medio e agora o dragado máis importante que afecta á canle de acceso ao porto”.
O alcalde comentou ademais que “o sector marítimo pesqueiro de Foz, a confraría de pescadores e o club náutico, tamén deben estar de noraboa” e amosouse esperanzado en que “o contrato estea firmado o antes posible para que comece a obra e neses dous meses que ten de prazo esta empresa faga as labores de dragaxe que ten encomendadas”.
“Alegrámonos de que a Xunta de Galicia cumpra os compromisos con Foz”, rematou Javier Castiñeira.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



