O venres 19 de abril o salón do Conservatorio profesional de Música de Viveiro acollerá a primeira actividade do Colectivo Sociocultural Pensamento e sementeira. Será unha charla informativa que leva por título “A crise económica e as estafas financeiras”. A hora de comezo está fixada para as 20.30 horas. O profesor de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela Bernardo Valdés Pacos será o encargado de desenvolver o acto. O colectivo considera que é un asunto de actualidade e interese público polo que decidiron iniciar deste xeito a súa andaina. Cómpre sinalar que Pensamento e sementeira organizará debates, actos informativos, exposicións ou proxeccións e que están abertos ás propostas que fagan os asistentes á charla para poder programar no futuro actividades que sexan do maior interese.
Primeira actividade do Colectivo Pensamento e sementeira
Primeira actividade do Colectivo Pensamento e sementeira
Relacionado
-
Este xoves, 26 de xuño, tivo lugar na Praia de Frexulfe (Navia) o acto oficial de entrega das Bandeiras Azuis 2025, organizado polo Concello de Navia, coa presenza de autoridades e representantes de entidades galardoadas
-
A Sociedade Cultural Ledicia, de Burela, remata o curso da escola de baile e música tradicional cun festival aberto ao público que terá lugar o vindeiro domingo 27 de xuño ás 19:30 h na praza do Concello
-
A campaña “Separa. Depende de ti” de Sogama fixo este xoves parada en Cervo