Neste 2013 Ano Nacional das Enfermidades Raras, en Galicia continúan os actos para darlle visibilidade a este tipo de patoloxías. Se este domingo os actos estiveron centrados en ExpoOrdes durante a Festa do Champiñón en Ordes o mércores 1 de maio celebrarase a terceira edición do Torneo Solidario de Fútbol 7 Enfermedades Raras a favor de FEGEREC (Federación Galega de Enfermidades Raras) de 9:00 a 19:30, hora na que se entregarán os trofeos e se realizará a cerimonia de clausura. Os partidos celebraranse no campo de fútbol Carlos Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma, na Avda. Salvador de Madariaga) e participarán un total de 24 equipos de categorías Biberón e Prebenxamín.
Neste torneo colabora AFAC (Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña), que xa colaborou en anteriores edicións deste torneo e deste xeito mobilizou a un total de 330 nenos para participar neste torneo solidario.
O que se recaude neste torneo destinarase a FEGEREC, para continuar sostendo os seus servizos de asesoramento, información e a asistencia social e sanitaria a afectados por enfermidades raras.
Este ano 2013 foi declarado Ano Nacional das Enfermidades Raras e a través destas iniciativas, FEGEREC quere darlle máis visibilidade a estas enfermidades pouco frecuentes. Ademáis FEGEREC continúa coa súa campaña “O mellor bastón é o que podes regalar” coa imaxe de Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro (As Cantareiras de Ardebullo, Tourilandia, Era Visto), na que adquirindo un bastón de caramelo se apoia ás enfermidades raras.