A Irmandade das Sete Palabras celebrará a partir deste ano 2013 unha Solemne Eucaristía cada ano, a primeira fin de semana do mes de xuño con motivo da festividade da Nosa Señora A Virxe do Camiño da Luz que se conmemora o 1 de xuño. Este ano a solemne eucaristía terá lugar o mesmo día da festividade ás seis da tarde na igrexa conventual das Nais Concepcionistas de Viveiro e estará presidida polo Arcipreste de Viveiro, Rvdo. Sr. Don Xosé Román Escourido Basanta.
Festividade da Nosa Señora A Virxe do Camiño da Luz
Festividade da Nosa Señora A Virxe do Camiño da Luz
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional