Academia A Mariña de Burela leva a cabo este verán a súa Escola de Minitalentos. Está dirixida a nen@s con idades comprendidas nos 3 e os 13 anos e desenvolverase en horario de mañá durante os meses de xullo e agosto.
O director de Academia A Mariña, Ramón Hermida, sinala que “se trata dun programa formativo multidisciplinar baseado en aspectos de esforzo, desenrolo de capacidades e habilidades da alma infantil”.
Durante as 5 horas de estancia na Escola de Minitalentos farase un programa de actividades conxuntos co fin de fomentar o desenrolo das potencialidades que encerra cada alumno de acordo a súa idade. Formaranse dous niveis de participación, un para nen@s de 3 a 7 anos e outro de 8 a 13. Os grupos serán de 15 alum@s. O horario será de 9 da mañá a 14 horas, “os asistentes terán o mesmo horario que no colexio, co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar tamén durante o verán”.
Hermida explica que “boa parte de cada xornada adicarase a apicar programas de intelixencia comunicativa, emocional, musical e de expresión corporal. O contido básica da nosa Escola de Minitalentos apoiarase no fomento das actividades de reforzo con técnicas de estudo, memorización de contidos, repaso de materias, fomento da axilidade mental, inglés, informática..”. Desde Academia A Mariña destacan que “o obxectivo principal é descubrir e facer aflorar as riquezas da alma infantil nunha situación de comunicación constante e enriquecemento das potencialidades dos compañeiros. Queremos potenciar a comunicación e as relacións entre compañeiros, tanto nas aulas como nas zonas de esparcemento dos novos espazos de Academia A Mariña nesta nova forma de entender a ensinanza, sobre todo a esta idade”.
A matrícula para acudir á Escola de Minitalentos de Academia A Mariña estará aberta ata finais do próximo mes de xuño, pero os 15 primeiros matriculados durante estes días do mes de maio obterán un 10 por cento de desconto. Os interesados en obter máis información poden dirixirse ó seguinte número de teléfono: 982 58 25 08.



















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



