A creatividade publicitaria e comunicativa galega é moita e moi boa, e así se demostra día a día en múltiples accións e campañas ideadas e planificadas por diversas empresas, publicistas ou creativas/os do país. E nesa creatividade, a lingua xoga un papel fundamental, pois con ela transmítese, comunícase, xógase, chégase, identifícase, reflexiónase e emociónase.
Por isto, para unha boa e efectiva creatividade galega, é fundamental coñecer ben o idioma galego e manexalo axeitadamente –como fan decotío moitas empresas e publicistas–, e tamén asesorarse lingüisticamente.
Non obstante, tamén abundan exemplos en que non se ten o coidado necesario na calidade da lingua, nin oral nin escrita, en anuncios, lemas, mensaxes, etc., e nótase que estes non foron revisados lingüisticamente por profesionais e, mesmo en moitas ocasións, que foron pensados noutra lingua e forzosamente, e mal, adaptados ao galego.
E isto, que sempre é malo, se se fai en accións e campañas promovidas ou nas que colaboran administracións públicas, convértese en máis grave aínda. A calidade lingüística de todos os textos e mensaxes públicas das administracións é fundamental, pois transmiten a imaxe das propias entidades, o que elas son, como traballan, o coidado que poñen no que fan, o respecto, a seriedade, o rigor…
Ademais, é habitual e lóxico que os textos emitidos desde as entidades públicas sexan interpretados pola cidadanía como modelos de lingua, o que lles confire unha importancia e responsabilidade aínda maior, que a Xunta, os concellos, as entidades de todo tipo e as empresas de publicidade non deben obviar.
Nos últimos tempos percibimos un especial e grave desleixo lingüístico en diversas accións comunicativas ou publicitarias da Xunta ou nas que esta ten unha participación ou colaboración relevante. Algúns exemplos disto son as marcas “Pesca-de-rías” ou “Leite galega 100%” e as campañas “As mulleres, pilares de Galicia” e a máis recente que se presentou estes días “Cómete o mar”, todas elas xa con erros lingüísticos nos propios nomes e lemas e tamén nos diversos soportes publicitarios, con distorsións nas mensaxes, e non pensadas nin ideadas desde o galego, con creatividade galega.
Por todas estas razóns, desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), pedímoslles a todas as entidades públicas un maior compromiso co uso e prestixio da lingua galega e coa calidade lingüística en todas as súas accións comunicativas. E, en concreto, solicitámoslle á Xunta de Galicia que paralice esas campañas, que mude os seus nomes e lemas por outros pensados en galego e desde o galego, que corrixa os diversos textos e soportes utilizados e que coide a calidade lingüística en todas as accións comunicativas e publicitarias futuras antes de seren difundidas, contando para iso con profesionais creativos/as que ideen as accións desde o galego e con profesionais que asesoren sobre o uso da lingua.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



