Cervo, 1 de maio de 2013.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, reivindicou hoxe en Cervo o papel das persoas maiores como parte activa da sociedade actual e exemplo a seguir, “porque viviron tempos malos, peores que os de agora, e co seu traballo, esforzo, sacrificio e ilusión lograron saír adiante”.
Na Festa dos Maiores de Cervo, Arias quixo “poñer en valor o capital social que achegan as persoas maiores á nosa sociedade, pois non só construíron o Estado do Benestar no que vivimos, senón que realizan unha importante contribución para o seu mantemento en facetas tan diversas como o apoio á familia, o traballo voluntario ou a transmisión do seu saber ás novas xeracións”.
A delegada expresou a súa satisfacción por participar na festa dos maiores “como persoa que se criou con avós e bisavós”, agradecida por “ter aprendido deles valores como o respecto, a familia, a convivencia e o diálogo”, pero tamén “como representante do Goberno galego, orgullosa de pertencer a un equipo que traballa todos os días para conseguir o mellor para Galicia e os galegos”.
Ao respecto, lembrou que o esforzo da Xunta situou a Galicia como “a primeira comunidade en termos porcentuais e a segunda en termos absolutos que máis incrementou as axudas á dependencia”. Igualmente, engadiu, “temos creado neste anos preto de 500 prazas en residencias e centros de día e continuaremos aumentando estas dotacións”.
Nesta liña, apuntou que “os orzamentos deste ano destinan case 8 de cada 10 euros á área social”. Ademais, explicou Arias, “traballamos non só para estender os servizos sociais, senón tamén para promover o envellecemento activo e previr a dependencia”.
Este é un dos piares do Plan Galego de Maiores, que vertebra a actuación da Xunta na materia, “unha estratexia consensuada coas principais entidades e asociación do sector, da que se benefician 120.000 galegos cada ano”.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



