A feira monográfica Expomar abriu as súas portas este xoves na nave de redes en Burela. A inauguración correu a cargo da conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana. O alcalde, José Mª González Barcia, subliñou que desde Burela se ensinan ao mundo estes días os avances tecnolóxicos en materia de pesca.
O rexedor sinalou que “Burela convértese un ano máis na capital do mundo da pesca e da náutica de todo o norte peninsular. Burela aposta así de forma decidida polo mundo da pesca ao que Burela lle debe moito e ao que Burela nunca lle dará as costas”.
González Barcia dixo que “Expomar chega á súa décimo quinta edición en plenitude de facultades, tal e como demostra que a inmensa maioría dos expositores e das firmas que estiveron aquí en anos anteriores repiten a súa presenza en Burela. Esas firmas saben que Expomar non é só un bo escaparate para ensinar os últimos avances das distintas empresa en materia pesqueira, senón que é un perfecto campo para poder facer transaccións comerciais e iso é ao que se dedican as empresas”.
O alcalde burelés considera que “é para estar satisfeitos que un concello de 10.000 habitantes poida ter hoxe en día unha exposición da envergadura de Expomar, punteira para ensinar ao mundo os avances tecnolóxicos en materia de pesca e que nos fan sentirnos orgullosos. Ao mesmo tempo nos fan estar decididos na aposta pola continuidade dun sector básico para a nosa economía”. González Barcia reiterou que “nestes momentos que non son nada fáciles, nestes momentos nos que se está a negociar a nova política pesqueira común o Concello de Burela ten moi claro que o mundo do mar e da pesca ten futuro e que son os mesmos armadores e os mesmos mariñeiros os que saben perfectamente cómo teñen que facer para preservar os recursos, porque son eles os máis interesados en garantir o futuro da actividade. Só nos queda dicir que lles deixemos pescar para garantir a continuidade das empresas pesqueiras e dos postos de traballo, que nos tempos que corren son fundamentais para a nosa situación socioeconómica”.
A feira Expomar foi inaugurada pola conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana. Ao acto tamén asistiu a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, entre outras autoridades. Paralelamente celébranse tamén en Burela as XX Xornadas Técnicas de Pesca e o XVI Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



