Carlos Callón: “O PP cospe na cultura galega ao aprobar a Lei da Wertgoña o día en que festexamos a existencia da nosa lingua, da nosa literatura, da nosa cultura”
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2013.- Un día despois de que a plataforma impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, Queremos Galego, ateigase de novo as rúas de Santiago de Compostela en defensa do idioma de Galiza, a entidade cidadá “felicita efusivamente todas as persoas que fixeron posíbel este novo éxito mobilizador”, mais tamén ve “máis razóns para a carraxe cara a uns poderes públicos xordos ao clamor social”.
Así, a maior asociación cultural galega considera “repulsivo, noxento” que o Partido Popular decidise levar ao Consello de Ministros unha lei contra o galego, a “Lei da Wertgoña”, no Día das Letras Galegas. O presidente da Mesa, Carlos Callón, afirma que “o PP cospe contra a nosa cultura nun dos xestos simbólicos máis infames de cantos ten feito nos últimos anos contra a nosa lingua, a nosa literatura e a nosa cultura”. “Mentres Galiza festexaba a existencia do seu idioma, o PP aprobaba unha lei para tentar acabar con el”, lamenta.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



