En total, son 25 os municipios que se benefician destas subvencións para promover a dinamización do galego dende o ámbito local, para o que reciben unha achega de preto de 42.000 euros
Lugo, 13 de maio de 2013.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, apoia economicamente 11 proxectos presentados por concellos e entes da provincia de Lugo para a promoción da lingua galega nas institucións locais. As achegas realizadas, que se executan a través da orde de axudas convocadas o pasado mes de febreiro pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, alcanzan os 41.534 euros no caso na provincia de Lugo, onde, en total, 25 concellos se benefician destas subvencións.
A estas axudas puideron concorrer todos os concellos ou agrupamentos de concellos cunha poboación mínima de 3.000 habitantes e nelas déuselles preferencia ao mantemento dos servizos lingüísticos e á súa creación compartida. Deste xeito, preténdese apoiar a estabilidade e a continuidade das accións dinamizadoras, así como a prestación de servizos mancomunados na Administración local, o que favorecerá unha cobertura uniforme de Galicia e unha atención que chegue a toda a cidadanía, pois máis do 50% dos municipios galegos ten menos de 3.000 habitantes.
No caso da provincia de Lugo, dous dos proxectos apoiados son precisamente mancomunados. Nun dos casos, o concello de Palas de Rei, xunto cos municipios coruñeses de Melide, Toques e Santiso. Noutro caso, o proxecto apoiado é o presentado pola Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense.
O resto dos beneficiarios na provincia de Lugo por esta convocatoria de axudas son os concellos de Quiroga, Monterroso, Vilalba, Outeiro de Rei, Xove, Monforte de Lemos, Guntín, Ribadeo e Foz.
Con esta resolución de axudas, búscase apoiar aos entes locais a través de catro modalidades establecidas na propia convocatoria: a primeira e a segunda, dirixidas á creación de novos servizos lingüísticos –mediante a contratación de persoal técnico especialista en dinamización lingüística- en concellos ou en agrupamentos de concellos; a terceira, subvenciona o mantemento ou o reforzo dos servizos lingüísticos que se encontraban en funcionamento na data de publicación da convocatoria e, a cuarta, está destinada a posibilitar o desenvolvemento de programas dinamizadores promovidos por entidades locais carentes de servizo lingüístico.
Outra das prioridades á hora de valorar as solicitudes foi, de acordo coa convocatoria, a pertenza ou a incorporación das entidades concorrentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) promovida pola Xunta de Galicia, coa finalidade de unir os esforzos de todas elas a prol dun proxecto común de promoción da lingua.
Polo que se refire ás actividades presentadas polos concellos para o fomento do galego, valoráronse máis aquelas que incidían nos cinco ámbitos fixados pola propia orde de convocatoria: deporte, mocidade, tecnoloxías da información e da comunicación, economía e servizos sociais. Os beneficiarios poderán imputar os gastos derivados das accións normalizadoras que se realicen no período que vai dende o 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2013.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



