Lugo, 1 de maio de 2013.- A delegada territorial de Lugo, Raquel Arias, asegurou hoxe que a dotación orzamentaria que a Xunta de Galicia tiña comprometida para apoiar o proxecto do RCN de Ribadeo para acoller unha das metas da regata internacional ‘Transgascogne’ “empregarase en actividades turísticas na comarca”.
Arias lamentou que a candidatura do náutico ribadense como porto de chegada para a ‘Transgascogne’ se frustrase, pero indicou que, “de igual xeito, a dotación que estaba garantida para colaborar neste proxecto que serve para promocionar Ribadeo e toda a comarca, adicarase igualmente á promoción turística da Mariña”.
A representante do Executivo galego na provincia recordou que, dende febreiro deste ano, mantivéronse varios contactos con representantes do náutico ribadense, encabezados polo presidente, Ramón Acuña, de cara a perfilar a acollida desta regata por parte do club ribadense. Nesas xestións garantiuse o compromiso económico por parte da Xunta para seguir colaborando na medida das súas posibilidades coa organización do evento en Ribadeo.
De feito, logo das primeiras reunións, o compromiso de colaboración por parte da Xunta ascendía a 18.000 euros, unha cantidade que, segundo información facilitada polo club ribadense, suporía case o triple da aportación económica ofrecida en conxunto pola Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo. Así mesmo, a colaboración por parte da Xunta explicouse que se levaría a cabo mediante un convenio a través da Axencia de de Turismo de Galicia, sendo preciso respectar os períodos de tramitación para un protocolo oficial deste tipo.
Por este motivo, Arias considerou “unha mágoa” a información “terxiversada” que se está a ofrecer de todo o relacionado con este proxecto. Así mesmo, considerou que é “comprensible” a frustración persoal coa que Acuña manifestou que recibira a negativa da organización da ‘Transgascogne’ ás súas xestións, pero entendeu que isto non xustifica agora que se responsabilice á Xunta desa decisión.
En todo caso, Arias significou que, como o ven facendo dende que asumiu as súas competencias, ofrécese a seguir colaborando co RCN de Ribadeo, na medida en que as posibilidades da Administración autonómica o permitan en cada momento.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



