A terceira edición dos concursos “Fotografías polo territorio” e “O lugar onde vivo” e a segunda de “E ti que é o que ves?” enmárcanse na Campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”. O prazo para presentar as obras a concurso será o vindeiro 1 de novembro.
Lugo, a 30 de Abril de 2013.- Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, cuxo lanzamento tivo lugar o 16 de abril do ano 2011 en Santiago de Compostela, e debido ao éxito das anteriores edicións, con medio centenar de relatos e outras tantas fotografías, así como unha ducia de curtametraxes. ADEGA convoca de novo os concursos de fotografías, de relatos e de curtametraxes, co gallo de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra.
Os tres concursos están patrocinados pola Área de Cultura e Turismo de Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Estes concursos pretenden facer participativa á cidadanía galega na reivindicación dunha ordenación territorial sustentábel na que se freen as ansias especulativas dos poderes privados sobre o territorio en conivencia coa administración pública, e na que se propoñan alternativas máis coherentes coa defensa ambiental, coa cohesión social e coa posta en valor do noso patrimonio cultural.
III Concurso “FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO”
As fotografías deberán ter como obxecto mostrar os efectos de actividades humanas que supoñen unha agresión ao noso país xa sexa contra o patrimonio, a cultura, a paisaxe ou a identidade territorial. Tamén se poden enviar fotografías que amosen exemplos de posta en valor do territorio. Cada participante poderá presentar como máximo un total de 4 fotografías cos seus datos persoais e a localización xeográfica das imaxes, que poderán ser enviadas á organización
ecoloxista a través do e-mail: culturaeterritorio@adega.info. Establécense dúas categorías de participación: a xuvenil, ata os 16 anos, e a de adultos/as, para maiores de 16 anos. O prazo para presentar as fotografías remata o día 1 de novembro do 2013.
Premios: 1º Categoría Adulta; Diploma e 200 euros. 1º Categoría Xuvenil; Diploma e 150 euros.
III Concurso “O LUGAR ONDE VIVO”
Os relatos curtos poderán ser historias fantásticas, feitos reais ou experiencias propias sempre e cando o eixe do relato xire arredor das visións que a poboación galega ten sobre o lugar no que vive; como é, como foi, como quixeramos que fose, a importancia da súa conservación, as agresións sufridas polo mesmo, etc. Cada participantes poderá presentar un máximo de 2 relatos inéditos en lingua galega, que terá que enviar por correo postal ao enderezo de ADEGA Lugo. Para esta convocatoria tamén se establecen as categorías xuvenil e a adulto/a e o prazo límite de presentación das obras remata o día 1 de novembro de 2013.
Premios: 1º Categoría Adulta; Diploma e 250 euros. 1º Categoría Xuvenil; Diploma e 200 euros.
II Concurso “E TÍ QUÉ É O QUE VES?”
As curtametraxes de ficción, documentais ou animación deberán dar mostra de exemplos de posta en valor da nosa cultura e territorio e/ou denunciar aquelas actuacións que agreden os mesmos. Cada participante poderá presentar un máximo de catro creacións audiovisuais, que terá que enviar, en formato DVD, por correo postal ao enderezo de ADEGA Lugo; Ronda das Fontiñas nº 180 Entrechán. Poderanse colgar as obras nalgunha plataforma de intercambio de arquivos, tipo Dropbox e enviar o link de descarga aos organizadores no correo culturaeterritorio@adega.info. Establécese unha única categoría para este concurso e o prazo límite de presentación dos traballos remata o día 1 de novembro de 2013.
Premios: Categoría Única; 1º Premio; Diploma e 250 euros, 2º Premio; Diploma e 150 euros.
As bases dos concursos pódense descargar da web de ADEGA, www.adega.info























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



