Este vindeiro domingo 26 de maio, celebrarase o penúltimo roteiro de ADEGA-Lugo. Desta volta, visitarán os espazos nos que transcorren as innumerables lendas da Mariña luguesa, nomeadamente no concello de Xove. Aquel litoral será guiado pola Asociación Mariñapatrimonio, entidade colaboradora con ADEGA, que coñece mellor que ninguén os valores patrimoniais e culturais da zona. Para participar neste roteiro titulado “Da Pena do Frade ao tesouro de Ceranzos” haberá que reservar praza chamando ao 982240299 ou 679113718 antes do vindeiro venres. A ruta será de aproximadamente 10 quilómetros, e de dificultade media-baixa. O punto de saída do roteiro será o porto de Morás e finalizará na praia de Esteiro.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



