Ribadeo, 6 de maio de 2013. A concelleira de Turismo, Ana Martínez, fai un balance moi positivo de Expovacaciones, a feira que se celebrou en Bilbao do 2 ao 5 de maio e á que Ribadeo acudiu con stand propio de ACISA e do Concello. A edil nacionalista destaca o interese amosado polo público vasco e cántabro por Ribadeo e pola súa gastronomía, pola súa hostalería e pola súa riqueza monumental e paisaxística. Ana Martínez considera que “era moi importante presentar Ribadeo coma destino de proximidade e facelo nun stand propio”.
A concelleira de Turismo dixo que “traemos de Bilbao unha moi boa sensación porque na feira percibimos o interese do público vasco e mesmo do cántabro que se achegaron nun número moi alto polo noso stand. Ribadeo aínda que para nada é descoñecido no País Vasco, esperta interese e mesmo se percibe como un destino que moitos dos visitantes teñen coma destino de calidade, si é necesario definilo e presentalo coma un destino de proximidade do que se pode disfrutar fora do que é a tempada alta, nunha ponte ou nunha fin de semana, xa que as comunicacións que antes nos separaban agora nos permiten ese achegamento”.
Martínez explicou que “a xente buscou no noso stand coñecer a oferta hostaleira, a gastronómica… O vasco non é un visitante que só se interese pola praia das Catedrais, que tamén, senón que busca máis, é moi selectivo en canto ao que busca para o seu ocio e para as súas vacacións e polo tanto penso que é moi interesante para o aproveitamento turístico e económico do noso concello”.
A edil nacionalista sinalou que “pola proximidade espertaron tamén moito interese os Soños gastronómicos, que se ofertan dentro do Ribadeo de tapeo, que presentamos hoxe mesmo, con eses descontos en hoteis e rutas de tapeo alternativas para visitantes de curta estancia. Foi moita a xente que buscaba lograr un premio desas dez noites de hotel e de experiencias gastronómicas coas que se agasallaba desde varios establecementos hostaleiros ou eses dous vales de 100 euros que Acisa sorteu para vir, gastar e disfrutar en Ribadeo”.
Para Ana Martínez “estas xornadas foron moi importantes xa que a nosa presenza dentro do que era o stand de Turgalicia se atopaba bastante diluída e desde logo presentar e vender Ribadeo turísticamente coas ganas, coa paixón e co cariño co que o fixeron as técnicas de turismo que desde o Concello e desde Acisa presentaron Ribadeo aos visitantes nin se sabe nin se pode conseguir desde un stand máis global”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



