Todo está a punto para que este domingo se celebre a I Carreira popular das praias en Barreiros.O ev ento estará dividido en dúas partes -coas saídas e chegadas en punta Anguieira-: a partir das 11.00 será o turno dos máis pequenos e levaranse a cabo as carreiras infantís, con varios percorridos dependendo das idades e ao seu remate procederase á entrega de trofeos; mentres que ás 12.30, e aprobeitando a baixamar, darese a saída á carreira absoluta de 11 km -sendo o 90% dos mesmos pola propia area da praia-. Precisamente esta última característica é a que a fai novidosa, xa que é unha das poucas carreiras de España que se fai pola propia praia. A día de hoxe xa hai case 200 inscritos de toda Galiza e Asturias, sendo a nota común entre os participantes o interese por correr a súa primeira carreira pola area. Os interesados en participar poden inscribirse ata 30 minutos antes do inicio das carreiras. Ademais, pódese atopar toda a información sobre a carreira na web http://carreirapopulardaspraias.jimdo.com/ ou chamando ao teléfono 649 571 360.





















O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



