Lugo 18 de maio de 2013.- Acompañada polos deputados provinciais, a voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, ofreceu esta tarde unha rolda de prensa para criticar o total desgoberno da Deputación de Lugo, quen adoita posicións totalmente contrarias ante asuntos importantes, e para dar conta do posicionamento do PP, na sesión plenaria provincial do vindeiro luns, onde se decidirá a dotación de fondos reintegrables na súa totalidade co obxecto de obter o capital necesario para a transformación do club deportivo en Sociedade Anónima Deportiva e deste xeito evitar o descenso autonómico á segunda división B da liga de fútbol profesional.
“Nun tema tan importante como este, poñemos en evidencia a falta de implicación, compromiso e debilidade que preside o señor Besteiro, que está ofrecendo unha solución por parte da Deputación que él preside, cando, de confirmarse o sentido do voto anunciado polo seu socio de goberno, se está comprometendo a algo que non ten nin capacidade nin maioría suficiente para elo”- criticou Elena Candia.
Manifestou a popular que o Señor Besteiro, quen non foi capaz de convencer ao seu socio de Goberno para que cambiase de opinión e votase a favor da aportación de 900.000€ para a reconversión do club deportivo Lugo, en Sociedade Anónima Deportiva, suspende na xestión do deporte lucense.
“Suspende na xestión do Breogán (o pasado xoves fomos coñecedores da dimisión do seu presidente), suspende na xestión das necesidades do resto de clubs da provincia (por primeira vez, presentaron alegacións a orzamentos) e suspende no momento de ofrecer unha proposta o Club Deportivo Lugo”
A popular aseverou que o PP aposta polo deporte lucense na provincia e que “ante asuntos importantes, a posición do seu partido é adoitar un posicionamento e non sacar rédito político dun bipartito rachado” e anunciou que o GPP votará a favor da dotación de fondos reintegrables na súa totalidade co obxecto de obter o capital necesario para a transformación do club deportivo en Sociedade Anónima Deportiva e deste xeito evitar o descenso autonómico á segunda división B da liga de fútbol profesional.
“Apostar polo deporte é apostar polo Lugo, e apostando polo Club Deportivo Lugo, apostamos: polo deporte como motor de crecemento económico e consideramos un Lugo en segunda coma un xacemento de emprego, impulso a economía lucense e como un instrumento de promoción da provincia e da cidade en todo España”- manifestou Candia quen engadiu que “o GPP non quere sacar rendemento político dun bipartito rachado, incapaz de solventar problemas, que demostra unha vez máis que o único que o une é un interese individual e non de proxecto”.
Elena Candia deixou claro que non vai a baixar a garda para que o resto dos clubs da provincia teñan un apoio da entidade provincial na medida das súas necesidades e enviou unha mensaxe de compromiso con tódalas entidades deportivas da provincia na defensa dos seus intereses e por suposto na esixencia de tratos equiparables o que está a recibir esta entidade, sempre en función das súas necesidades e das súas particularidades.
“Temos un compromiso na loita do reparto xusto, en que se respecten os principios de legalidade nas subvencións e a petición de maior rigor e equitativamente nas subvencións nominativas; no propio protocolo que propón a Deputación provincial deixa explícito o compromiso de incluír nos vindeiros orzamentos un plan estratéxico de subvencións de acordo con criterios obxectivos que se establezan”.- concluíu.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



