A Asociación Cultural Canta Compaña da Coruña organiza unha xira de concertos a bordo do tren de FEVE que pasarán pola comarca da Mariña dende o venres 17 de maio ata o domingo 19 de maio. “Voces ao Tren”, con entrada de balde, desenvolveráse o venres 17 de maio ás 20:00 h na Casa da Cultura de Vegadeo, o sábado 18 ás 20:30 h na igrexa de Santa María de Viveiro e o domingo 19 de maio ás 12:00 h na igrexa de Santo Estevo do Val, no Vicedo. Ademáis dos concertos, dentro da actividade tamén ofrecerán a súa música coral no propio tren o 17 no traxecto entre Ferrol e Ribadeo e o día 18 entre Vegadeo e Viveiro. A actividade non é só musical, senón que ten un lado reivindicativo. Dende a asociación pretenden dar vida coa súa música a un tren de supresións de servizos.
Concertos no tren
Concertos no tren
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón