O Deporte sen Barreiras protagonizará este xoves, 30 de maio, un novo achegamento ás II Xornadas do Deporte de Imdecum, na voz e traxectoria dos tenistas en cadeira, Álvaro Illobre e Martín Varela, posicións 163ª e 115ª no ránking ITF actual en tenis en cadeira de rodas. Os deportistas, que chegaron onte do Campionato do Mundo WTC Turquía, terán unha cita coa Mariña no IES Monte Castelo de Burela, ás 17.00 horas.
A visita de Illobre e Varela chega á bisbarra como a cuarta experiencia deportiva que enmarca o ciclo da Academia Imdecum, que nesta primavera tamén contou coa presenza da xornalista deportiva Alba Adá; a campioa do mundo de kick-boxing Marisol Ramírez e o director da área de Promoción e Desenvolvemento da Federación Galega de Loita, Pablo Pintos (na fotografía).
O programa formativo da Academia Imdecum porá o broche final o xoves 6 de xuño con fisioculturismo. A iniciativa, que conta ademais coa colaboración da Deputación de Lugo, Fundación Deporte Galego e o IES Monte Castelo, está destinada a alumnado e titulados/as do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do centro burelao, monitores deportivos e demais profesionais relacionados co deporte, así como a todo o público interesado.
LOCALIZACIÓN: IES Monte Castelo
HORARIO: 17.00 horas
Xoves 30 de maio
Título: “Deporte sen barreiras”
Relatora: Álvaro Ilobre e Martín Varela, posicións 163ª e 115ª no ránking ITF actual en tenis en cadeira de rodas






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
