Cervo, 13 de maio de 2013-A Concellería de Deportes, que dirixe Luis Guillén, abre este mércores día 15 o prazo para preinscribirse nas actividades da piscina municipal de Lieiro para o curso 2013-2014 nas que se inclúen cursos de natación de nivel iniciación e perfeccionamento para o público infantil e adulto, cursos para bebés e aquagim.
Para formalizar a inscrición os interesados poden achegarse a partir deste mércores ata as instalacións da piscina e cubrir o impreso, xa sexa no caso de persoas que continúan cunha actividade ou de novos cursillistas. Uns trámites que se realizan con varios meses de adianto ao inicio dos cursos co obxectivo de coñecer a demanda real e poder poñer en marcha as actividades atendendo na maior medida posible ás solicitudes dos usuarios.
Polo momento, os cursos iniciados no mes de outubro continúan desenvolvéndose ata finais deste mes, cando rematen a meirande parte deles agás aquagim, que continuará un mes máis. Neles participan unhas 100 persoas entre socios e non socios da piscina, que acoden a actividades acuáticas repartidas en horario de mañá e de tarde.
Estas actividades póñense en marcha cada curso co obxectivo de “aproveitar e potenciar a utilización da piscina e das instalacións deportivas de Lieiro en xeral ofrecendo a posibilidade de aprender ou perfeccionar a práctica da natación e outros exercicios acuáticos”, explica Guillén, que engade que “as actividades colectivas impartidas por un monitor son unha boa alternativa para fomentar a práctica de deporte”. Unhas iniciativas ás que tamén se lles unen os traballos de mantemento como forma de “impulsar o uso dunhas instalacións que inclúen, ademais do vaso olímpico, o ximnasio, a sauna e os vestiarios” engade o edil.
Guillén lembra que recentemente se estiveron levando a cabo diversos traballos de reparación e renovación para mellorar o estado das instalacións de Lieiro e acometeuse a adquisición de novo material accesorio para o desenvolvemento dos cursos.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
