Foz, 28 de maio de 2013. Párate en Foz é o eslogan da nova campaña que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos para potenciar as compras no comercio tradicional da localidade.
Segundo explican os promotores da iniciativa en colaboración con ACIA “aquelas persoas que realicen as súas compras estes días en Foz en algún dos establecementos que participan nesta campaña serán obsequiadas cun café, grazas ó que poderán conseguir vales de desconto por importe de 10 euros”. Dende a organización sinalan que “os que selen polo menos 8 veces a tarxeta que lles será entregada, conforme se tomaron 8 consumicións, poderán canxeala por un vale de desconto de 10 euros para consumir nos comercios que se dan cita nesta campaña. Ademais todos aqueles que consigan ditos vales entrarán no sorteo final de dous premios: un depósito de gasolina gratis e unha cea para dúas persoas”.
Os locais que participan na campaña Párate en Foz son: Kaos, Chinela, P.I.R, Ginzo, Arrullos, Belianorte, Pura, Anduriña, Xoyma e MayRos.
Párate en Foz da comezo esta semana e prolongarase ata o 30 de xuño. O día 1 de xullo, a través de Radio Foz, farase o sorteo do depósito de gasolina gratis e da cea para dúas persoas.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



