O xurado encargado de valorar os traballos presentados na terceira edición do Concurso Escolar do Parlamento de Galicia acordou, por unanimidade, a concesión deste premio na categoría de “Escribe o teu conto”, a dous alumnos de 1º da ESO, Ariendys Franco Lorenzo e Brauly Gómez Peralta, do IES Vilar Ponte de Viveiro, coordinados e dirixidos polo profesor de Relixión Católica Francisco José Janeiro.
Os premios entregáranse nun acto que se desenvolverá na sede do Parlamento de Galicia, no Salón dos Reis, o vindeiro mércores, 5 de xuño, ás 12 horas, ao que asistirán todo o alumnado da clase de relixión premiada, e aproveitarán para visitar a sede do Parlamento, así como a Catedral de Santiago, e o Pazo de Xelmirez.
Os premios obtidos son significativos e consisten nun ordenador portátil para cada neno gañador e un lote de libros, dúas excursións pagadas ao lugar que elixan de Galicia para a clase de Relixión dos alumnos gañadores, 2000 euros para o centro e unha táboa dixital para o coordinador dos traballos.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



