Co abandono da Xunta do proxecto Life para a recuperación da pita de monte cantábrica (Tetrao urogallus), Feijóo e Hernández certifican a definitiva extinción desta xoia do noso patrimonio natural, até hai pouco presente nas serras orientais. Se durante os anos 80 Fraga cazou un dos últimos machos de pita de monte nos Ancares, agora os seus sucesores ideolóxicos acaban de roubarnos a posibilidade de que unha especie emblemática da nosa natureza volva cantar nos seus territorios ancestrais. Porén, mentres en Asturies, Castela-León e Cantabria os seus governos pulan por recuperar esta especie, en Galiza as prioridades son outras, como empregar 300.000€ en subvencionar o lobby da minaría contaminante.
ADEGA esixe á administración galega que non renuncie á última oportunidade para non perder unha especie que é un símbolo da Serra dos Ancares cando, ademais, a UE e outras autonomías están dispostas a investir na súa recuperación.
Denunciamos a grave incapacidade da Xunta, e concretamente da D.X. de Conservación da Natureza, para aproveitar fondos da Unión Europea e investilos, como é a súa obriga, en medidas de actuación e mellora do hábitat dunha especie en perigo de extinción. Unha administración que é quen de perder esta entrada de fondos cun destino moi concreto coma é a recuperación da diversidade biolóxica, capítulo que nos orzamentos da Xunta ten unha ridícula aportación, deixa claro diante da opinión pública a súa pésima capacidade coma xestores.
Os cartos aos que agora renuncia a Xunta supoñen, por exemplo, o 15% dos impostos que os galegos poñemos á disposición da Xunta para a conservación dos espazos naturais de Galiza en 2013. O motivo da renuncia radica, segundo os responsábeis do programa Life para a recuperación da pita de monte cantábrica, en que a Xunta decidiu priorizar outros gastos. Precisamente, a mesma cantidade (300.000€) que agora o goberno galego decide “priorizar”, abandonando definitivamente as posibilidades de recuperación da pita do monte dos Ancares, equivale á que acaba de aprobar o Consello da Xunta para apoiar a “entidades sen ánimo de lucro” que traballan a favor do sector mineiro e os grupos prominas, cuxa composición, obxectivos e finalidade son bastante opacas.
Dende ADEGA lembramos que en toda a cornixa cantábrica quedan entre 250 e 300 machos de pita do monte, e que segundo datos da Unión Internacional para a Conservación da Naturaleza (UICN) o seu número diminuíu entre o 25% e o 50% nos últimos 15 anos. En Galiza, concretamente na Serra dos Ancares, coma último reduto desta especie no noso país, a súa presenza diagnostícase xa coma aparicións esporádicas non permanentes, unha vez que dende o ano 2005 non se constatan cantadeiros nesta zona. Os resultados do Life iniciados no ano 2010 destacan as posibilidades de recuperación da especie nos Ancares dado o potencial hábitat e aptitudes dos bosques presentes nesta serra.
Se a Xunta, nomeadamente a D. X. de Conservación renuncia a cumprir o seu cometido (con excusas de mal pagador, e nunca mellor dito), entón para que queremos a esta dirección xeral? Quuizáis para xestionar permisos de caza ilegais e batidas de lobo á carta? ADEGA propón ao presidente da Xunta a eliminación deste departamento e a asignación dos seus fondos, particularmente os salarios dos cargos de confianza, a proxectos de conservación e recuperación do noso patrimonio natural (como o da pita do monte).



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



