A Mariña, 20 de outubro, 2026. Unha instantánea tomada en Piña de Esgueva (Valladolid) alzouse co primeiro premio nacional na sexta edición do certame fotográfico en Instagram “Mi Rincón Favorito”. A fotografía, asinada por Raúl Fernández García, mostra os restos da Torre Mazariegos, a antiga espadana dunha igrexa románica situada na contorna da localidade, baixo a Vía Láctea. O resto de premios foron para Pablo Sánchez Senén, segundo e cuarto clasificado con imaxes tomadas en Barcelona e Valencia, respectivamente; Cristina García Romero (Teruel), terceira; e Ana Belén Puente Torrecilla (Conil de la Frontera, Cádiz), quinta.
A imaxe gañadora, dotada con 500 €, sitúa a silueta da Torre Mazariegos baixo un ceo nocturno dominado pola Vía Láctea. A verticalidade dos restos da espadana prolonga visualmente a franxa estelar e converte as ruínas deste antigo edificio relixioso no centro dunha composición que une patrimonio e fotografía astronómica.
O segundo premio, dotado con 400 €, foi para Pablo Sánchez Senén por unha fotografía tomada en Barcelona na que a escultura do Sagrado Corazón que coroa o templo do Tibidabo aparece recortada ante un enorme disco solar. A forte silueta do monumento e a escala aparente do Sol crean unha composición moi depurada, construída case por completo a partir do contraste entre ambas formas.
Cristina García Romero obtivo o terceiro premio, de 300 €, cunha fotografía do Acueduto dos Arcos de Teruel ao solpor. A sucesión de arcos de pedra conduce a mirada a través da imaxe mentres a luz cálida do final do día realza o volume e a textura da construción histórica.
O cuarto premio, dotado con 200 €, recaeu tamén en Pablo Sánchez Senén, desta volta por unha fotografía realizada en Valencia. A imaxe, en branco e negro, mostra dous nenos camiñando xunto á arquitectura da Ciutat de les Arts i les Ciències, cuxas liñas, grandes superficies e contrastes de luz serven de marco ás dúas pequenas figuras humanas.
Ana Belén Puente Torrecilla levou o quinto premio, de 100 €, cunha instantánea tomada en Conil de la Frontera (Cádiz). Un veleiro solitario aparece sobre o horizonte baixo unha extensa luz dourada, co oleaxe na parte inferior da imaxe achegando movemento a unha composición dominada polo mar e o ceo.
O xurado completou o palmarés con dez accésits de 50 € cada un. Foron para Ana María Vadillo Gariglio (Zaragoza); David Beci Martín (Somo, Cantabria); Javier Rodríguez Albuquerque (Laredo, Cantabria); Belén Romero (Segovia); Sergio de Celis (Palencia); Santiago Mata Escribano (Aranjuez, Madrid); Begoña Estévez Brao (Rande, Pontevedra); Elena Vicente Copete (Las Palmas); Ana Belén Martínez (Lanzarote); e Elisabet Esteban Pérez (San Juan de Gaztelugatxe, Bizkaia).
Ademais, concedéronse dez mencións especiais, sen dotación económica, a Miguel Álvarez Casanova (Mazagón, Huelva); Pablo Rodríguez Anguís (Salinas, Asturias); Luis Rafael Cuisman Moreno (Nules, Castellón); Miriam Blanco Carazo (Bohonal de Ibor, Cáceres); Miguel Ángel Garabal Otero (Ribadeo, Lugo); Ángela Hernández Parras (Palmanova, Illas Baleares); Suzan Redzhebova Mustafova (Sant Antoni de Portmany, Illas Baleares); Cristina Hernández González (Villa de Garafía, Santa Cruz de Tenerife); Alejandra Duran (Alfaro, A Rioxa); e Pilar Quiroga Rodríguez (Durango, Bizkaia). En conxunto, accésits e mencións compoñen un escaparate de toda España e de todo tipo de escenarios. Todas as fotografías poden descargarse a través da seguinte ligazón.
Os premios foron decididos por tres comisións con idéntico peso no voto: unha comisión de profesionais da fotografía, unha comisión de profesionais do turismo no noso país —principalmente concelleiros e técnicos de cultura— e unha comisión da organización do propio certame “Mi Rincón Favorito”. En total, máis de 100 persoas participaron na elección das imaxes gañadoras.
Para Samuel Rodríguez, responsable de “Mi Rincón Favorito”, «lo interesante de este palmarés es que demuestra que una buena fotografía no depende únicamente de lo que tenemos delante, sino de la manera en que decidimos mirarlo. Una ruina puede convertirse en un paisaje casi cósmico bajo la Vía Láctea, un edificio contemporáneo puede reducirse a líneas, sombras y figuras humanas y un lugar tan reconocible como el Tibidabo puede adquirir una imagen completamente distinta al quedar recortado contra el Sol. Ahí está buena parte de la fuerza de la fotografía, en conseguir que volvamos a mirar algo que creíamos conocer».
«Las más de 2.400 fotografías recibidas forman también una especie de mapa no oficial de España construido por sus propios participantes. En él aparecen grandes iconos turísticos, pero también pequeñas localidades, espacios cotidianos y rincones que difícilmente ocuparían una portada o una guía de viajes. Esa suma de elecciones individuales resulta muy valiosa porque permite descubrir qué lugares generan un vínculo especial con quienes los conocen y amplía el mapa de sitios que pueden despertar la curiosidad de futuros visitantes», engadiu.
Un certame que dinamiza o turismo e a cultura
“Mi Rincón Favorito” é un certame nacional de fotografía en Instagram que invita as persoas participantes a mostrar, desde os seus propios perfís, aqueles lugares de España cos que manteñen unha vinculación especial. A iniciativa desenvólvese arredor do 27 de setembro, Día Mundial do Turismo, e emprega a fotografía e as redes sociais como ferramentas para promocionar o territorio e o seu patrimonio. Nacido en 2021, o certame reuniu desde entón máis de 70 localidades e máis de 10.000 participantes.
A convocatoria estatal reúne fotografías de todo o país, mentres que as seleccións autonómicas permiten dar visibilidade aos lugares escollidos polas persoas participantes en cada territorio.
En 2026, a sexta edición recibiu máis de 2.400 fotografías e reparte 5.900 euros en premios. Desa cantidade, 2.000 euros corresponden á categoría nacional e 3.900 aos trece certames locais celebrados dentro da iniciativa.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



