A Mariña, 20 de outubro, 2026. A cidadanía da Mariña de Lugo reclámalle á Xunta de Galicia que se ofrezan aulas de galego na Escola Oficial de Idiomas de Viveiro. As persoas que desexen apoiar esta demanda de igualdade social e lingüística poden facelo asinando a iniciativa.
Malia que a demanda de formación en galego non deixa de medrar, na Mariña é imposible estudar a nosa lingua nunha institución pública fóra do ensino primario e secundario. Quen queira recibir clases debe desprazarse ata Ferrol ou Lugo, percorrendo arredor de cen quilómetros, o que fai a opción practicamente inviábel.
A dirección da EOI de Viveiro leva anos solicitando á Consellería a creación de grupos de galego, unha petición que sempre foi denegada con argumentos como a falta de profesorado especializado ou a imposibilidade de incrementar o persoal do centro. “Mesmo cando presentamos propostas que resolvían ambos obstáculos, tamén foron rexeitadas”, explican desde a escola.
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que esta decisión da Xunta “afecta directamente aos dereitos lingüísticos da poboación da Mariña, especialmente das persoas migrantes”, que quedan sen acceso a formación pública na lingua propia do país.
A EOI de Viveiro manifesta a súa vontade de contribuír á normalización lingüística ofrecendo formación continua ao longo da vida adulta, e considera “necesario que a Xunta reconsidere a negativa ás aulas de galego tanto na EOI de Viveiro como na sección de Burela”.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



