Decálogo de Espazo Ecosocialista no IIº aniversario do 15-M
No segundo aniversario do movemento 15-M, Espazo Ecosocialista Galego (EcoSoGal) non pode por menos que celebrar o que significou no seu carácter reivindicativo, simbólico e alternativo, animar a cidadanía a participar na mobilización global do 1 de xuño contra a troica e afirmar:
1. Que existe un antes e un despois do movemento de indignad@s que o 15 de maio de 2011 sacou ás prazas e rúas a milleiros de persoas. Movemento que tendo o seu epicentro no Estado Español é fundamentalmente un movemento mediterráneo, con grandes movementos democratizadores no sur de Europa e do norte de África, desde Grecia ata Galicia.
2. Que estamos diante dun movemento que situou con forza a necesidade de denunciar que a gobernanza global esta en mans dos oligopolios e polo tanto que participamos dunha democracia que ten ‘as cartas marcadas’ e por outra facer fincapé que o cambio vira dado por dinámicas de resistencia e mobilización pacificas hexemónicas que abranguen ‘ao 99% da poboación afectada pola crise sistémica fronte a un 1% beneficiada por ela’.
3. Que este novísimo movemento social reforza a idea de que sen democracia non hai futuro e que o sistema capitalista na súa etapa neoliberal amosase incompatible coa mesma democracia. Asistimos a unha crise sistémica e polo tanto estamos diante dun proceso de cambios de paradigmas coa dificultade que isto entraña cando o sistema dominante non so ten capacidade homicida (sobre as persoas) senón suicida (sobre o planeta).
4. Que as forzas da ‘vella política’ non entenderon, e seguen sen entender, a súa mensaxe evidenciado na practica cotiá o porqué da desafección e desconfianza que a cidadanía ten cara as forzas políticas. Rexeitamos as teorías conspirativas que o único que amosan é preguiza intelectual e conservadorismo político. Ao marxe das evolucións ou involucións do movemento, normal nun movemento tan basto e complexo, o 15-M nos convoca a construír unha sociedade máis xusta e democrática, nada máis loable.
5. Que as forzas políticas en xeral, e a esquerda en particular, debe de acabar de entender o papel necesariamente autónomo que xogan os movementos sociais para que exista o necesario control da cidadanía sobre os seus representantes. A rehabilitación da política pasa por entender que a cidadanía non é un ente amorfo e manipulable senón un corpo vivo con constantes vitais e intelectuais propias.
6. Que todas estas actitudes e formulacións o único que denotan é unha coincidencia da vella política na comprensión da democracia como un formato instrumental e non como unha cultura. Unha aposta por unha nova forma de democracia orgánica onde a vertebración faise de xeito vertical desde o poder, minusvalorando a unha cidadanía necesariamente submisa ben polo camiño do populismo ben pola vía do clientelismo, desarticulando a autoorganización social autónoma das persoas e convertendo as súas plataformas e colectivos en correas de transmisión do poder.
7. Que o espírito do 15-M non debe morrer, nin transformarse en non se sabe moi ben que outra cousa. A música e o obxectivo do 15-M debe prevalecer, máis aló das distintas letras ou corporalidades nas que foi e seguira materializandose. Seguramente a mellor definición do 15-M a fai Boaventura Sousa Santos cando afirma que ‘o 15-M é unha presenza’. Iso é o que une a ese 99% simbólico, ese paraugas acolledor, unitario e plural, escola de republicanismo cívico, de acompañamento humano, de elaboración propositiva. As súas corporeidades sociais e políticas que vaian tecendo as alianzas que sexan necesarias e namentres que o 15-M, na superficie ou nas profundidades da sociedade, siga impregnando ese estilo non instrumentalizable.
8. Que o 15-M é de todas e de todos e non é de ninguén. Que formamos parte dun movemento amplo e plural de loita contra a mundialización neoliberal e a favor da xustiza global. E nese movemento @s ecosocialistas Galeg@s nos recoñecemos e inserimonos, reivindicándonos, orgullosos e gozosos, fillos e filas do 15-M.
9. Que o 15-M ademais de expresar a súa indignación sinala o inicio dun novo ciclo político, coincidindo coas municipais do 2011, que deberia ter o seu peche nas próximas municipais cunha proposta de cambio de modelo neste complexo proceso constituinte aberto polos de arriba. Corresponde a todos e todas estar a altura dos tempos e tecer as alianzas necesarias, abertas e sen exclusión para gañarlle a partida ao réxime e as súas elites, sen regates curtos nin miradas ventaxistas.
10. Que o futuro non esta escrito e que tal como di Boaventura Sousa Santos ‘parece impensable imaxinar o fin do capitalismo pero máis imposible é imaxinar un capitalismo sen fin’.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



