Espazo Ecosocialista Galego apoia a folga xeral no ensino o 9 de maio e demanda unidade para a defensa do ensino público.
Espazo Ecosocialista Galego (EcoSoGal) quere manifestar o seu rexeitamento máis enérxico á mal chamada ‘Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa’ (LOMCE) impulsada polo goberno do PP e polo ministro, José Ignacio Wert, así como o seu apoio á folga xeral no ensino convocada por toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, pais e nais) que terá lugar o xoves 9 de maio.
A LOMCE, desde a perspectiva d@s Ecosocialistas, resulta completamente innecesaria, nos termos en que foi formulada, pois lonxe de mellorar a calidade educativa, tal e como afirma no título, levará o ensino a modelos amplamente superados polo tempo e a cidadanía, máis propios de épocas pre-democráticas, tanto na organización do ensino como nos contidos. A supresión da materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, ou de todos aqueles contidos relacionados cos dereitos civís acadados nos últimos anos, sobre a igualdade entre homes e mulleres, a prevención da violencia de xénero, a educación afectivo sexual, entre outros, contrasta coa conversión, de novo, da relixión en obrigatoria e avaliable para todo o alumnado.
Trátase dunha lei centralista por canto restrinxe notablemente as competencias plenas que, en materia educativa, teñen asumidas constitucionalmente as comunidades autónomas, particularmente, en relación co ensino en galego e do galego.
A implantación de reválidas, como hai anos, a idades máis temperás, busca consolidar un modelo de carácter fortemente selectivo, elitista e segregador, clasista e nada equitativo, onde as oportunidades non estean vinculadas á capacidade e ó mérito do alumnado senón ós recursos económicos e a procedencia social.
A LOMCE supón ademais, un ataque sen precedentes ó ensino público e unha aposta decidida pola privatización, a canalización de recursos públicos cara ó ensino concertado, mesmo a centros que segregan por sexo, vulnerando dereitos elementais e recomendacións específicas da UNESCO.
Significa, tamén, un retroceso na participación da comunidade educativa (pais e nais, alumnado) nos órganos de goberno dos centros, nos Consellos Escolares, que verán reducidas as súas competencias en beneficio dos directores.
A LOMCE devalúa ou mesmo suprime contidos académicos de relevancia en materias como as ensinanzas artísticas, tecnolóxicas, coñecemento do medio, filosofía ou historia contemporánea, en beneficio dunha perspectiva educativa de carácter competitivo e emprendedor que imposibilite que o alumnado comprenda, criticamente, o mundo que o rodea.
Por todas estas razóns, Espazo Ecosocialista, chama á cidadanía a manifestar o seu rexeitamento máis activo da LOMCE, participando nas distintas concentracións e manifestacións convocadas pola comunidade educativa, lamentando que nun tema tan importante onde a unidade total é central para asegurar o ensino público de calidade so se acadarán certos grados de unidade pola falla de perspectiva dalgún dos axentes implicados.




















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



