As Radios Comunitarias e libres son esenciais para unha información libre e obxectiva
A sociedade ten dereito, recoñecido pola constitución e pola regulación da UE a unha información libre e obxectiva. O desenvolvemento dese dereito recoñece o dereito á existencia das chamadas radios libres ou radios comunitarias, dereito que en diferentes países se articula pola reserva dunha parte do espectro radioeléctrico para estas emisoras sen ánimo de lucro, sen publicidade, de, por e para a cidadanía.
Ningún dos gobernos que teñen pasado pola Moncloa teñen desenvolvido ese dereito, deixando as emisoras libres actualmente existentes nun limbo legal e impedindo a aparición legal de novas emisoras. O goberno do estado ten pendente adaptar a legalidade vixente para definir as características que estas emisoras teñen que cumprir. Namentres, o goberno galego sacou un concurso, recorrido polas radios libres, que non reserva para elas nada, polo que vai adxudicar ás comerciais a totalidade do espectro, impedindo de feito a continuidade das emisoras existentes así como a aparición doutras novas. Este concurso está por resolverse. Fronte ao recurso das radios libres, o goberno galego di que mentres o goberno do estado non amañe a súa parte, non pode adxudicar espectro ás radios libres. Entre a inacción daqueles e a acción destes, a sociedade galega pode perder a oportunidade de crear medios de comunicación autónomos e independentes.
En maio de 2010 entraba en vigor a nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, onde se recolle o dereito dos medios comunitarios a ter licencias e se fixa que no prazo dun ano sairá un regulamento que estableza cómo se deben outorgar as licencias. Ese regulamento aínda non saíu. O 29 de marzo do 2012, a Xunta publicou o Decreto 102/2012, que no seu artigo 32 da Sección Terceira establece que a autoridade audiovisual competente pode abrir un trámite de consulta para coñecer aos demandantes dun servizo radiofónico comunitario e, en vista das solicitudes, instar ao órgano competente da Administración do Estado á correspondente reserva de frecuencias. Porén, no canto de facelo e reservar un número de licencias para as radios comunitarias, a Xunta convoca un concurso no que as exclúe. Polo visto a Xunta de Galicia ten previsto facer o censo despois do concurso e entón non haberá licencias nin espectro que repartir. Para ter novas licencias dependerán do goberno central, responsable da planificación do espazo radioeléctrico.
A Xunta de Galicia, nunha actitude de botar balóns fora, di que esperan a que o goberno central habilite os procedementos técnicos e administrativos para asinar frecuencias ás radios comunitarias.
Espazo Ecosocialista ( EcoSoGal ) esixe:
1. Que o goberno da Xunta de Galicia reserve na adxudicación do concurso en marcha un mínimo dun 25% das licencias a repartir para ofertalas a proxectos existentes e mesmo a novas iniciativas de radios comunitarias sen ánimo de lucro.
2. Que solicite oficialmente ao goberno do estado a aceleración dos procesos cara á regulación das radios comunitarias e a reserva dun 25% do espectro para estas iniciativas.
3. Que fomente a creación de emisoras independentes no territorio galego, como ferramenta de comunicación, información, participación e dinamización social.
E trasladara, por medio do grupo parlamentar de AGE, as seguintes iniciativas:
– Liberar/ reservar o espectro radioeléctrico de xeito que non quede “ocupado” cando se resolva o actual concurso, polo que vai ser “técnicamente” imposible satisfacer a demanda das radios comunitarias.
– Que se faga unha revisión das concesións vixentes para saber se cumpren coas condicións dos concursos ( p.e. horas de programación propia, horas de emisión en galego, contratación de persoal, etc…). Nos casos flagrantes, que os hai, que se retire a concesión como esta previsto nas bases e que se reserve para as iniciativas comunitarias.



















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



