Foz, 3 de maio de 2013. O Concello de Foz adxudicou unha operación de tesourería ao banco BBVA por cerca de 700.000 euros para mellorar a liquidez das arcas municipais e así poder axilizar o pago das débedas que ten cos provedores.
O alcalde, o popular Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que “no afán do grupo de goberno por mellorar o pagamento aos provedores e vendo a dificultade que ten o Concello na liquidez, para mellorar nese sentido o que vamos facer é adxudicar unha operación de tesourería ao banco BBVA para mellorar o pago a provedores, no que se non se cumprindo coa lei. O noso obxectivo dende logo é ese, tratar de cumprir cos nosos provedores, e para iso en base a recadación, que se fai a maior parte dela no segundo semestre, vamos tratar de anticipar ese diñeiro agora e tratar de cumprir cos nosos provedores. Os motivos son, por un lado, que hai que cumprir a lei e, por outro, non queremos que os propios provedores sexan os encargados do financiamento das contas públicas”.
Javier Castiñeira explicou que “é certo que se está facendo todo o posible para cumprir, que temos un plan de austeridade enorme, de feito temos os orzamentos máis baixos dos últimos anos, 200.000 euros menos incluso que o ano pasado, que xa foi complexo. Ao non aprobar o plan de pago a provedores a única opción que nos quedaba a día de hoxe era unha operación de tesourería deste tipo. Son case 700.000 euros que haberá que devolver no momento que se cobre a recadación do IBI e doutros impostos, pero con isto melloraremos substancialmente a liquidez do Concello e poderemos pagar a eses provedores que están pasando un momento difícil”.
O rexedor municipal considera que “esta operación vai servir para mellorar as condicións dos provedores do Concello e para mellorar tamén a situación laboral de todos aqueles traballadores desas empresas. Con isto eu creo que o Concello aporta o seu grao de area para cumprir cos provedores, coas empresas e con todos aqueles que están traballando co Concello, estano facendo de forma responsable e así o quere facer tamén o Concello”.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



