Esta mañá celebrouse na praza de Abastos de Ribadeo o segundo sorteo de cheques de compra da campaña ‘Elixe ao mellor praceiro/a’, na que os clientes que realizaron as súas compras nos últimos días no mercado ribadense recibiron cupóns para optar aos premios que se puxeron en xogo hoxe. No sorteo estiveron presentes a responsable da Axencia de Desenvolvemento Local de Ribadeo, Mónica Barcia, un técnico da Xunta de Galicia, e un representante do establecemento elixido como mellor praceiro na pasada edición desta campaña. El foi o encargado de extraer as papeletas agraciadas. O cheque de compra por valor de 75 euros para gastar na praza de abastos de Ribadeo foi para Josefa Álvarez Freijo; o cheque de 50 euros vaino desfrutar Elisa Fernández García e o de 25 euros foi para Rita Monteagudo Ovalle.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



