O portavoz de pesca popular no Congreso dos Deputados apuntou que “España foi quen de lograr un novo mandato negociador co Parlamento Europeo”.
Califica de “éxito” que Arias Cañete lograse que se aprobara un novo mandato negociador con maior marxe de manobra para que se volva negociar co Parlamento Europea aspectos clave para España da reforma da Política Común de Pesca.
Lembrou “a importancia de que a postura española sexa apoiada por todas as forzas políticas”, e que os portavoces parlamentarios españois trasladen esta petición de respaldo aos seus homónimos no Parlamento Europeo.
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013.- O portavoz de pesca do GPP no Congreso dos Deputados, Joaquín García Díez valorou de maneira “moi positiva” os acordos acadados no seo do Consello de Ministros de Pesca da UE finalizado esta mañá que supoñen, ao seu entender, que “o Goberno de España acaba de evitar a paralización da súa frota pesqueira ao aprobarse un novo mandato negociador con maior marxe de manobra, para volver negociar co Parlamento Europeo a reforma da Política Común de Pesca (PPC)”.
O popular salientou a importancia deste feito xa que, segundo as súas propias verbas, “as condicións que fixaba o Parlamento Europeo eran contrarias aos principios que España vén defendendo nesta reforma, o que podería levar ao amarre de parte da nosa flota, como a que faena en augas do Gran Sol”.
Así, salientou que o “traballo intenso” do Goberno español vése reflectido na “mellora do escenario negociador”. De feito, segundo apuntou, “España foi quen de lograr que se volva a negociar co Parlamento Europeo aspectos clave para o noso sector pesqueiro xa acadadas en anteriores consellos e posteriormente modificadas polo Parlamento Europeo como que, entre outros, se fixase un calendario para acadar o rendemento máximo sostible (RMS) en 2020 ou a aplicación de exención nos descartes inevitables”.
O acordo alcanzado nesta madrugada permitirá á Presidencia Irlandesa renegociar co Parlamento Europeo, entre outros asuntos, que a porcentaxe permitida en descartes inevitables sexa do 7% os dous primeiros anos, 6% os dous seguintes e do 5% a partir de entón, fronte ao 3% que pretendía o Parlamento Europeo. Este pacto establece tamén que non existirán limitacións por barco ou por marea nos descartes.
Segundo o portavoz de pesca popular, “estamos ante un novo éxito de Arias Cañete e o seu equipo nas duras negociacións para a reforma do política pesqueira común (PPC)”, un resultado que xorde do traballo “buscando alianzas e achegando informes e bos argumentos que permiten que a nosa frota pesqueira non se vexa abocada a unha nova volta de torca que lle faga practicamente imposible continuar faenando en moitas das súas modalidades”.
Por último, García Díez lembrou, unha vez máis, “a importancia de que a postura española sexa apoiada por todas as forzas políticas”, e que os portavoces parlamentarios españois trasladen esta petición de respaldo aos seus homónimos no Parlamento Europeo, onde pronto terá lugar unha dura negociación neste longo proceso da reforma pesqueira.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



