Máis de 300 padexeiros e padeeiras de 37 equipos tomarán a saída este sábado 1 de xuño en Rábade
Lugo, 30 de maio de 2013. O salón de actos do Pazo de San Marcos acolleu, esta mañá, a presentación da LVII Copa Miño de Piragüismo que organiza o Club de Piragüismo Cidade de Lugo en colaboración coa Vicepresidencia da institución provincial. Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo, foi o encargado, xunto cos representantes dos concellos polos que transcorre a proba e os representantes da Federación Galega de Piragüismo en Lugo e do Club Cidade de Lugo de Piragüismo, Martín Carballo e Lorena Jubón, respectivamente, de presentar esta cita deportiva que se celebrará este sábado, 1 de xuño.
Un total de 37 equipos, 30 galegos e 7 do resto do Estado, participan nesta proba, a segunda máis antiga das que se celebran en España despois do Descenso Internacional do Sella, dando cabida a máis de 300 padexeiros e padeeiras, repartidos nas categorías sénior, xuvenil e cadete e tamén facendo fincapé, tal e como destacaron os organizadores, que é unha proba das pioneiras en incluír a participación feminina en embarcacións de equipo.
Neste senso, Mario Outeiro explicou que “desde os seus comezos, esta cita deportiva esperta un gran interese entre as e os lucenses, de forma que contribúe en gran medida á difusión e popularización deste deporte na cidade. Pódese afirmar que a Copa Miño serviu de escola ás distintas xeracións do piragüismo de Lugo e que en parte, grazas á tradición, afección e categoría desta proba, a cidade foi considerada durante décadas como unha dos berces do piragüismo nacional e Estatal”.
O percorrido da proba mantense como en edicións anteriores, de maneira que os deportistas sairán dende Rábade ás 5 da tarde do vindeiro sábado 1 de xuño, pasarán polo concello de Outeiro de Rei e finalizarán nas instalacións do Club Fluvial en Lugo arredor das 6 e cuarto da tarde, completando o percorrido de 17 kms.
“A organización da Copa Miño de Piragüismo conta co apoio da área de Deporte da Deputación, mostra do noso compromiso con este deporte. Proba diso e o continuo traballo que desempeñamos de cara á súa revitalización na cidade de Lugo e na súa provincia, levando a cabo medidas como a posta en marcha da Copa Deputación de Piragüismo que este ano acada a súa terceira edición e que está a ser todo un éxito a nivel de participación, ou o arranxo da escola de piragüismo da nosa titularidade onde se organizan cursos de iniciación ao piragüismo, de maneira que as crianzas poidan familiarizarse con esta modalidade deportiva dende idades temperás”, concluíu Outeiro.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
