A Sala Castelao arranca o mes de maio cunha semana chea de actividades que se inician cunha actuación de maxia este xoves 8 de maio da man do cubano Raúl Camaguay dentro da X Semana Internacional de Maxia de Lugo con entrada gratuíta. Ademais, o venres 9, inicia un ciclo de música en directo tributo a catro grandes grupos da historia da música que contará coa banda tributo a The Beatles a partir da medianoite. Riff-Raff, Californic Action e Rockaway continuarán co ciclo de tributos a AC/DC, Red Hot Chili Peppers e os Dire Straits, respectivamente. E a programación desta semana pecharase o sábado coa actuación do cantante rockeiro ferrolán Tony Torres acompañado por Five Strings Band que presenta os temas do seu último traballo: Pantano Blues. As entradas teñen un prezo de 5 euros, excepto para a actuación do mago que é gratuíta.
Maxia, The Beatles e Tony Torres, esta semana na Sala Castelao
Maxia, The Beatles e Tony Torres, esta semana na Sala Castelao
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura